Baltar acollerá os nacionais cadete de triatlón e volei praia

SANXENXO> O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acudiu esta mañá á presentación do X Campionato de España de Tríatlon e Volei Praia por seleccións autonómicas. O evento terá lugar en Sanxenxo do 25 ó 27 de xuño. No acto tamén estivo presente a alcaldesa Catalina González xunto a representantes de ambas federacións.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_160611.flv{/flowplayer} 

A praia de Baltar acollerá a vindeira fin de semana dous torneos que conxugan a alta competición coa promoción deportiva e a formación. Trátase dos Campionatos de España de Tratlón e Volei Praia por autonomías e para categoría cadete. As probas comezarán o sábado 25 co Campionato de España de Acuatlón e a disputa da primeira xornada do de Volei Praia. O domingo terá lugar a competición de triatlón por relevos e a segunda xornada do torneo de Volei Praia, namentres que a final deste campionato celebrarase o luns pola mañá.

No triatlón, a selección galega volverá a ser das favoritas. Defende ouro en categoría femenina e o cuarto posto acadado en 2010 polos homes. 

Máis complicado terano os tres combinados galegos que se presentan en volei-praia, dous masculinos e un femenino, que tentarán achegarse ós postos de podium.

As probas coincidirán no tempo co Campionato de Europa de Tríatlon 2011, que acolle a cidade de Pontevedra.

Redacción Salnés