• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> O PP provincial presentará no pleno deste mes unha moción centrada nas asistencias técnicas. Dende as filas populares consideran que o Bipartito está abusando deste tipo de contratos privados para suplantar o traballo dos funcionarios.
Publicado en PONTEVEDRA
BARBANZA> Entre os aspectos máis destacados no que vai de mandato fixeron alusión ás políticas de creación de emprego. Tras dous anos de goberno bipartito na Deputación da Coruña, PSOE e BNG fixeron balance esta mañá da súa xestión neste tempo á fronte do organismo provincial. Tanto o presidente, o socialista Valentín González Formoso, coma a vicepresidenta, a nacionalista Goretti Sanmartín, destacaron a boa sintonía existente entre ámbalas dúas formacións. Como exemplo dese bo facer numerosos logros acadados no que vai de mandato. Entre os máis importantes as políticas de creación de emprego, as axudas ós concellos de cara a reducción da súa débeda e tamén o achegamento da institución ó cidadán. Dentro dos proxectos levados a cabo nestes dous anos, o presidente provincial destacou o Plan Único. Un feito que tamén destacou a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, quen convidou á Xunta a mirarse no espello da Deputación da Coruña para ver camiños polos que avanzar nesa nova fórmula de xestionar os fondos. Outro dos puntos clave no balance destes dous anos de goberno bipartito na Deputación foi o impulso ó emprego, coa posta en marcha dun Plan de Emprego Local que financia a contratación de persoal nos concellos para cubrir servizos básicos, apoia ás empresas na contratación de persoal e impulsa tamén os proxectos emprendedores da mocidade, e que a día de hoxe xa conseguiu a inserción laboral de preto de 1.500 persoas.
SANXENXO> Os representantes do BNG e do PSOE en Sanxenxo, ou os xa ex socios de Gonzalo Pita a fronte do concello, mostráronse sorprendidos da "boa sintonía" mostrada entre os integrantes da formación popular e Gonzalo Pita. David Otero e Coral González mantiveron esta mañá que a única deslealdade política que houbo foi a mostrada polo actual alcalde Gonzalo Pita, ao aceptar formar parte dun goberno xunto cos populares. David Otero e Coral González, ata hoxe socios de goberno de Gonzalo Pita, mostráronse sorprendidos coa decisión que tomou o alcalde saínte Gonzalo Pita, e admitiron que onte souberon polas redes sociais e pola da edil Vanesa Rodríguez, do que estaba acontecer. Para David Otero o que empezou sendo un rumor, rematou sendo unha realidade. Otero recoñeceu que a falta de lealdade reflíctese na forma de proceder de Gonzalo Pita Para os voceiros nacionalista e a socialista a situación de hoxe non ten que ver coa avenida Luis Rocafort, e admiten que non saben cal é o fondo da cuestión, pero ao seu entender non ten nada que ver, segundo as súas palabras, coa supresión de "vinte prazas de aparcamento".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> Outra cousa será a futura composición do novo goberno. Nacionalistas e socialistas deberán sentarse novamente nas próximas semanas para pechar o acordo definitivo e a designación de responsabilidades.
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: bipartito Top of Page

Síguenos en facebook