Cambados Cidade Europea do Viño 2017 estréase en Fitur

    CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra tamén estivo presente esta mañá en Fitur, neste caso no Stand de Tour España, presentando ó concello de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. Como xa demos conta neste informativo, trátase dunha das noticias máis relevantes para o turismo das Rías Baixas neste ano, e hoxe en Madrid presumiron de novo título.

     

    Nun acto presentado polo actor galego Sergio Pazos, o stand de Tour España en Fitur foi escenario esta mañá da presentación de Cambados como Cidade Europea do VIño 2017 ante un público nacional e internacional do sector do turismo. Tal e como explicou Rosa Melchor, presidenta de ACEVIN, Asocaición Española de Cidades do VIño e encargada de outorgar este título, Cambados ten unha gran oportunidade por diante, que é ben merecida.

    A Alcaldesa de Cambados demostrou unha vez máis o seu orgullo por ser cambadesa e honra por presentar este título.

    Tal e como destacou a alcaldesa,  o respaldo das institucións foi esencial para a consecución deste desexado e merecido galardón. A Deputación de Pontevedra, foi sen dúbida, unha das que máis apostou por Cambados.

    POla súa banda o concelleiro cambadés de enoturismo repasou as diversas e múltiples actividades que Terán lugar este 2017 na vila, ademáis das vinculadas directamente co albariño.

     

    Está claro que este 2017, máis ca nunca se cabe, son moitos e diversos os motivos para visitar a Cidade Europea do Viño. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/fitur_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/fitur_cambados.mp4{/flowplayer}