Cambados Zona Centro celebra o Día da Familia

    festa_familia100.jpgCAMBADOS> O día 15 é o Día da Familia, e Cambados Zona Centro celebrarao con tódolos seus clientes, cunha ambiciosa campaña de sorteos.

    {flowplayer}images/salnes/festa_familia.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O vindeiro día 15 é o Día da Familia, e Cambados Zona Centro quéreo celebrar con tódolos seus clientes, cunha ambiciosa campaña de sorteos.

    É a primeira vez que Cambados Zona Centro celebra o Día da Familia. Os Días do Pai e da Nai, xa teñen campañas e sorteos en case todos os concellos. En Zona centro, quixeron tirar de orixinalidade e xuntar a tódolos membros da familia para celebrar e ofrecer a oportunidade aos seus clientes, de obter importantes premios.

    O vindeiro día 15 sortearán seis fins de semana en Casas de Turismo Rural. Zona Centro xa está a repartir as rifas nos comercios asociados. Trátase, segundo o Presidente da Asociación, dunha ambiciosa campaña, cunha alta inversión, de máis de 4.000 euros.

    Pensando nos nenos e nenas, ademais do sorteo, o día 15 haberá unha festa no Parque de Torrado. Inchables e diversas actividades e xogos, farán que este día, sexa toda unha celebración.

    Redacción Salnés