• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
O GROVE> O Concello do Grove e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a celebración da Festa do Marisco do municipio meco. Para esta edición número 54, que terá lugar do 5 ó 15 de outubro, a entidade que preside Carmela Silva cubrirá con 6.000 euros diversas das actividades do programa festivo. A política convirte o desexo das cidadáns en realidade. Foi a cita coa que comezou a súa comparecencia a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante a sinatura do convenio de colaboración co concello do Grove para impulsar económicamente a Festa do marisco do Grove. Dez días durará a edición 54 desta festa. UNha cita, que tal e como destacou esta mañá durante a sinatura do convenio co concello, a presidenta da Deputación de Pontevedra, é a festa do marisco de Pontevedra, de Galicia e de toda España. Unha Festa de Interese turístico Nacional, que segundo Silva, debería obter xa o nomeamento de Internacional. Este ano a Festa do Marisco celebraráse do 5 ó 15 de outubro, e as diversas actividades culturais que envolverán a cita gastronómica, contarán cunha aportación económica de 6.000 euros por parte da Deputación, Algo que esta mañá agradeceron desde o concello. Acompañados tamén polo Deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e a concelleira de Turismo do Grove. Emma Torres, o alcalde e a presidenta asinaron o convenio dunha festa, na que tal e como acontece cada ano, se incopora un novo produto á exaltación, e neste 2017 o elixido é o choco.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O alcalde do Grove facía estes anuncios esta mañá durante a inauguración da escultura coa réplica da Moeda Xacobea atopada na Parroquia de San Vicente. Un acto que congregou a numerosos veciños e que contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva. Nos anos 80, cando comezaron as escavacións do Adro Vello da parroquia de San Vicente de O Grove, apareceu unha moeda cun reverso no que se acuña a translación do Apóstolo Santiago. O achado foi de tal relevancia, xa que é a testemuña histórica máis antiga que existe do traslado dos restos do Apóstolo desde Palestina ata Iria Flavia, que se decidiu fabricar a escultura a escala, para presidir o atrio da Igrexa, coa colaboración da Deputación. A moeda orixinal está feita pola fábrica de moedas compostelá, e acuñada no século XII, durante o reinado de Fernando de León. A escultura da réplica, deseño dun alumno da Escola de Cantería da Deputación, conta con 1,2 metros de diámetro, e foi elaborada en granito silvestre galego. Ó acto de inauguración asistiron numerosos veciños da parroquia de San Vicente, que acompañaron ás autoridades e ó párroco, Ventura Martínez , promotor da escultura e encargado de bendicila mesma esta mañá.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Los Planetas, Lori Meyers ou The Temper Trap, son os cabezas de cartel da segunda edición do Atlantic Fest que se celebrará na Illa de Arousa do 30 de xuño ó 2 de xullo. Esta mañá foi presentada esta cita musical que forma parte dos Festivais Rías Baixas, que promove a Deputación de Pontevedra. É unha das citas musicais máis agardadas tralo éxito do ano pasado durante a súa primeira edición, non só por contar cun cartel único, senón pola paraxe inigualable no que ten lugar, a Illa de Arousa. Este ano, Los Planetas, único concerto en Galicia, ó igual que Lory Meyers, ou os internacionais The Temper Trap. Ademais, Annie B Sweet, Delorean ou Joe Crepúsculo .Esta mañá presetábase a segunda edición do Atlantic Fest, e comezaba coa proxección dun video promocional no que a Coral da Illa de Arousa interpretada esta versión de Los Planetas. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou durante a presentación a beleza coa que conta a Illa de Arousa, o mellor escenario para un festival deste talle, así como a relevancia dun cartel que é xa imprescindible dentro dos nove Festivais Rías Baixas que promove a entidade provincial. Sorprendida co talento dos membros da Coral da Illa, a presidenta asegurou que xa ten un plan para cando deixe as súas funcións públicas, e será, formar parte desta agrupación musical. Pola súa banda, o alcalde do municipio, Carlos Iglesias, agradeceu a colaboración da Deputación, así como de tódolos patrocinadores que tamén estiveron presentes no acto. Toño Caneda, un dos organizadores do Atlantic, explicou cal é a esencia deste festival. O Atlantic Fest, será o venres 30 de xuño, sábado 1 de domingo 2 de xullo. Os concertos terán lugar na praia do Vao, no Auditorio e na Praza de Abastos, ademais das Tascas do pobo. A zona de acampada será de novo na zona de Area da Secada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá o concello de Meis, para acompañar ao párroco e o alcalde do municipio na súa visita a capela de Santa María de Mosteiro, que foi restaurada cunha achega do entre provincial.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende o PP Galego criticaron, unha vez máis, a xestión que na Deputación está levando o goberno bipartito, especialmente a de Carmela Silva. Os populares cren que a presidenta se debería centrar na execución dos orzamentos provinciais e en activar as obras paralizadas nos últimos meses.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
Publicado en PONTEVEDRA
O GROVE> Arroz caldoso de mariscos, ou ensalada de xarda mariñada, son algúns dos pratos que esta mañá prepararon os alumnos da escola de hostalaría Carlos Oroza no Mercado do Grove. Unha actividade enmarcada no programa “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra. Arroz caldoso de mariscos, ensalada de xarda mariñada, firtos do camiño con salsa mariñeira, herbas do camiño, batido verde do mercado….E todo, con ingredientes recén saídos da propia praza de abastos, e elaborados polos alumnos da escola de Hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra. Este menú de luxo era o que puideron probar esta mañá os que se decidiron a pasar polo Mercado do Grove. Con motivo do Día de Europa, a Deputación de Pontevedra celebrou por segundo ano consecutivo “Degusta Europa”, unha iniciativa que busca promover os mercados locais e ó mesmo tempo impulsar os productos das Rías Baixas . No Degusta Europa deste ano, os pratos estiveron inspirados nos Camiños Xacobeos. Pero quén mellor para presentalos, que os propios cociñeiros, as futuras promesas da cociña galega. Unha experiencia sensorial para os que pudieron gozar das tapas, pero unha gran experiencia profesional para estes alumnos. O esforzo sempre ten a súa recompensa, e tras rematar a xornadas este alumnos da Carlos Oroza puideron degustar as súas creación e saborear a satisfacción do traballo ben feito.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Carmela Silva aproveitou a súa visita a Vilagarcía para coñecer en primeira persoa o terreo no que esta semana está previsto que se comece a obrar a nova gardería municipal de Vilaxoán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este martes o Castro Alobre en Vilagarcía de Arousa, onde están a piques de rematar os traballos de consolidación previos a súa musealización. Unha visita que coincidiu en tempo e forma coa de outros "ilustres" veciños da vila, que acudiron ao castro para coñecelo máis de cerca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
> Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, o PP tense convertido nun partido de hooligans. Carmela Silva valoraba así a campaña iniciada dende a formación provincial, que están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos da administración que ela preside. Traballos que, segundo Silva, son ilegais. Hai unhas semanas o Partido Popular de Pontevedra puxo en marcha unha campaña: están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos por parte da Deputación de Pontevedra. Unha medida que sorprende á presidenta provincial. Os populares colgaron o primeiro destes carteis en Meis pola paralización da urbanización dunha estrada. Esta semana fixeron o mesmo na variante de Rebón, en Moraña, paralizada en xullo. Silvan tamén apuntou que estes carteis estánse a colgar se permiso, e situou esta acción n aliña dos escraches que, asegurou, convocaron os populares en varios plenos. Como exemplo, Carmela Silva referiuse á Pousada da Ribadumia, paralizada por estar construída nun terreo propiedade do Arcebispado, que impide ao concello conceder a licenza.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> A deputación de Pontevedra investirá máis de 60.000 euros no programa de actividades deseñado para celebrar en Cambados o seu ano como Cidade Europea do Viño. Esta mañá o Concello e a entidade provincial firmaron o convenio de colaboración. Cultura, deporte, actividades a favor da igualdade, apoio ás persoas con discapacidade, ou por suposto. viño. No programa de actividades do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cambados, para celebrar o seu ano como Cidade Europea do Viño, non falta de nada. A presidenta da Deputación e a alcaldesa do concello, asinaron en compañía do deputado provincial de turismo e o do concelleiro de Enoturismo, un acordo polo que a entidade pontevedresa destina máis de 60.000 euros a Cambados. Un senfin de actividades que comezarán o vindeiro 25 de marzo coa celebración Da gala inaugural, e entre os que se inclúen os recoñecidos Festivais Rías Baixas, posto que un deles se organizará neste concello. Ademáis, rutas de senderismo, exposicións de canteiría, mesas redondas, ou eventos vinculados ás novas tecnoloxías. Para Carmela Silva o apoio a Cambados neste ano é imprescindible, posto que o título de Cidade Europea do Viño é algo que tódalas institucións debería valorar do mesmo xeito que o fai a Deputación. A alcaldesa de Cambados destacou as actividades que van destinadas a loitar contra as barreiras coas que se atopan as persoas con diversidade funcional ,tal e como demostraron durante o acto desta mañá no concello cambadés, rachando coas barreiras simbolicamente. O convenio firmado esta mañá é para a Deputación de Pontevedra unha mostra do apoio que amosa a entidade a este distintivo que conseguiu Cambados, e as asinantes aseguraron que este 2017 será o mellor ano de tódolos celebrados polas cidades europeas do Viño ata o momento.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 3
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: carmela silva Top of Page

Síguenos en facebook