Charlas para fomentala regularización do emprego somerxido

    camara_comercio_Pontevedracopy.jpgPONTEVEDRA> Segundo o Subdelegadación do Goberno, Inspección detecta uns 1500 traballadores irregulares ó ano.

    {flowplayer}images/salnes/EMPREGO_SUMERXIDO.flv{/flowplayer}

    Neste contexto, o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, tivo esta mañá a oportunidade de reunirse cos empresarios da Cámara de Comercio de Pontevedra.

    O obxectivo desta xuntanza era informar ós empresarios das mMedidas para a regularización e control do emprego somerxido que están en vigor nestes momentos e que establece un período voluntario, ata o próximo 31 de xullo para que os empresarios normalicen a situación dos seus traballadores.

    Transcorrido o prazo de regularización voluntaria, o Real Decreto que regula esta medida, recolle un endurecemento das sancións relacionadas coas condutas fraudulentas. E é que cada ano Inspección de Traballo detecta na provincia de Pontevedra uns mil cincocentos traballadores en situación irregular.

    Segundo o Presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, esta entidade cobra vital importancia á hora da difusión desta información e da concienciación dos empresarios.

    Neste contexto de contacto cos empresarios, o Subdelegado do Goberno explicará estas medidas de regularización na Cámara de Comercio de Vilagarcía o vindeiro mércores ás oito da tarde.

     Redacción Salnés