09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Para os nacionalistas a actitude do goberno local non está a ser a apropiada, acusándoo de actuar con pasividade ante esta problemática. Atendendo a unha denuncia dos propios veciños da zona, o BNG vén de facerse eco dun novo vertido de augas residuais no río Listres, nos Areeiros. Segundo os nacionalistas o foco do problema parece ser, unha vez máis, o aliviadoiro do tanque de tormenta existente no lugar. O BNG criticou a pasividade do Concello con este problema e as escasas solucións que se lles están a dar ós veciños afectados. A través dun escrito presentado no Concello, o BNG pídelle ó goberno local que solicite a Augas de Galicia o informe realizado sobre esta vertedura e se ten pensado esixir algunha responsabilidade a quen corresponda por este suceso.
CAMBADOS> O establecemento Kebab, situado na rúa Os Pios de Cambados, abriu durante toda a Semana Santa, eludindo a notificación de peche que lle fixo chegar o pasado día 12 o concello cambadés, en cumprimento dunha sentenza xudicial. Os veciños afectados, polos malos cheiros e os ruídos do local, continúan sen poder durmir polas noites. Hoxe acompañámolos a presentar un escrito de protesta no consistorio. Hai unhas semanas comprobabamos en primeira persoa, como este Kebab da rúa Os Pios de Cambados fai a vida imposible a vida destes veciños. Ruídos a altas horas da madrugada, e cheiros que entran por calquera burato dos seus fogares, debido a un problema na condución do aire. O pasado día 12 de abril, o concello de Cambados notificou ó xerente do local hostaleiro a orde de peche, mentres non se solucionan estes problemas. A orde cumpre unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra. Tras continuar sufrindo durante toda a Semana Santa, e onte mesmo, esta mañá acompañamos ós veciños afectados a presentar un escrito no concello cambadés. Esta mañá puidemos falar tamén co concelleiro de economía e comercio, que asegura que o concello non pode facer máis que acatar as sentenzas xudiciais, pero non facerse responsable de que o encargado do local non cumpra coa lei. O concelleiro explicou ademais que os veciños presentaron dúas demandas diferentes, e que nunha delas aínda non hai resolución. Os veciños contestan que os dous procesos son independientes, e que coa sentenza na man do Número 1 o local ten que permanecer pechado. Consideran tamén que o concello debería terse asegurado de que o Kebab cumpre coa notificación de peche que lle fixeron chegar. Coa polémica sobre a mesa, e á espera da cómo evolucionen os feitos, os malos fumes continúan nesta rúa dos Pios cambadesa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> Asi llo trasladou a titular deste departamento, Beatriz Mato, a unha representación de veciños afectados que se reuniu con ela no Concello.
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: cheiros Top of Page

Síguenos en facebook