Comida de luxo para os xornalistas na Escola de Hostalería

    periodistas_o_grove_copia100.jpgO GROVE> Continúa a visita dos xornalistas especializados en turismo pola comarca de O Salnés. Hoxe, a ruta centrouse no turismo cultural e gastronómico.

     {flowplayer}images/salnes/COMIDA_EXPRESS_TRYP.flv{/flowplayer}

    Segundo día de tour turístico por O salnés e os xornalistas están impresionados polas praias, a paisaxe, a xente e a comida. Precisamente puideron disfrutar da gastronomía da terra na escola de hostelería. Un menú variado, lixeiro, original e sobre todo feito con cariño polos alumnos.

    Onte e hoxe estiveron visitando zonas do interior e da costa da comarca, así como diferentes monumentos. O xerente da mancomunidade, Ramón Guinarte, recibiu as gratificantes impresións dos xornalistas sobre o contraste xeográfico.

    Ós visitantes os días fánselle cortos, afirman que lles gustaría ver máis cousas e con máis calma. Por elo, todos coinciden en que volverán a O Salnés como turistas, xunto ós seus amigos e familia. Teñen moi claro o que lles gusta e o que volverían ver.

    Esta visita encádrase nunha estratexia de publicidade de O salnés, creada pola Manconunidade. Os xornalistas confesaron que a comarca non necesita publicitarse

    Mañá remata, con moita pena, o tour turístico e so queda esperar a publicidade que fagan da comarca.

     Redacción Salnés