• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCIA> Cativos do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía visitaron o composteiro que se instalou no parque do mesmo nome. Unha vez alí unha mestra composteira ensinoulles como funciona e faloulles dos beneficios de esta práctica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente de Vilagarcía e unha mestra composteira fixeron unha demostración sobre este sistema xestión do lixo nos colectores de Piñeiriño. Lino Mouriño aproveitou para lanzar unha mensaxe tranquilizadora ós veciños do barrio da Coca. Que tódolos veciños da Coca, en Vilagarcía, teñan claro que non se vai instalar o composteiro no seu barrio, se eles non queren. Foi a mensaxe que o concelleiro de Medio Ambiente quixo enviar esta mañá trala polémica xurdida arredor da implantación de colectores de compostaxe nesta zona. Lino Mouriño quixo fixo este anuncio esta mañá, durante a demostración de cómo funciona este tipo de sistema de xestión do lixo, precisamente, nos colectores doutra zona do concello, os do Piñeiriño. Para que tanto veciños como a prensa, fóramos testemuña de cómo é proceso, limpo e sen olores molestos, a demostración correo a cargo dunha profesional mestra composteira. Esta profesional da compostaxe asegura que moitas das crítícas que veñen por parte dos veciños chegan por falta de información. Ela asegura tamén á veciñanza que non deben preocuparse pola presenza deste tipo de colectores preto das súas vivendas. A mestra aconsella ós veciños que se informen e aproveiten esta oportunidade de xestionar os residuos dunha forma máis responsable.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Mércores, 05 Abril 2017 19:12

O composteiro da Coca no centro da polémica

VILAGARCÍA> Unha especialista en compostaxe visitou esta mañá o parque de A Coca en Vilagarcía para explicar aos veciños do entorno en que consistirá o plan de compostaxe urbano que se instalará na zona. Unha iniciativa que non deixa indiferentes aos veciños, xa que hai un numeroso grupo de veciños que non ven con moi bos ollos esta iniciativa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A presidenta e vicepresidente da Deputación de Pontevedra foron os encargados de inaugurar o segundo curso de mestres composteiros. Vinte aspirantes forman parte desta segunda promoción que este luns comezaron os seus estudos no Príncipe Felipe. O obxectivo non é outro que converterse en persoal especializado en compostaxe.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Este venres ás 10:30 da mañá o alcalde de Pontevedra manterá unha reunión co presidente do Goberno Galego. A ampliación de Montecelo, a variante de Alba, os xulgados da Parda, o proxecto da estación de autobuses e un posible convenio en relación ao tema da compostaxe serán algúns dos temas que estarán enriba da semana neste encontro en San Caetano. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Os alumnos do Instituto A Xunqueira 2 en Pontevedra están participando nesta semana no programa Froita fresca na escola. Unha actividade que ten como fin crear hábitos saudables nos estudantes. Os mozos deste centro poden coller a froita de xeito gratuíto. Sorprendentemente para este instituto a mazá e un dos froitos que máis éxito ten.
Publicado en PONTEVEDRA
Venres, 20 Xaneiro 2017 17:38

Posta a punto do Plan Revitaliza

Pontevedra>Preto de 30 concellos se adheriron ao Plan Revitaliza que lanzan dende a Deputación de Pontevedra. Un plan mediante o cal os municipios se comprometen a que en 4 anos o 75 por cento dos residuos que produzan irán destinados á compostaxe. Unha medida que aforraría 140 quilos de CO2 por habitante ao ano.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Deputación de Pontevedra e universidade de Vigo asinarán un convenio co fin de levar a cabo unha investigación para analizar os usos e características dos distintos tipos de compost. Un estudo que terá unha duración de tres anos e que se levará a cabo na planta da Canicouva. 
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Os mestres composteiros formados pola Deputación comezan o seu traballo no concello de Pontevedra e porán en marcha o plan de residuos co que os barrios de Monteporreiro e Campolongo poderán comezar coa compostaxe á volta do verán. 
Publicado en PONTEVEDRA
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: compostaxe Top of Page

Síguenos en facebook