Crise de ansiedade e cuantiosos danos materiais tras envorcar o seu coche en Bamio

VILAGARCÍA> En torno ás dúas da tarde producíase en Bamio un espectacular accidente que, malia a aparatosidade do sinistro e o estado no que quedou o vehículo, non se rexistraron danos persoais salientables. Nel viuse implicado unha muller, condutora do turismo sinistrado. Ó parecer, tras virar na curva do Salgueiral, a muller perdeu o control do vehículo e saíu da vía envorcando ó carón dunha vivenda. A condutora foi atendida polo Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Vilagarcía no punto e evacuada en ambulancia do 061 por mor dun ataque de ansiedade.