“Cultura nos Cons” mesturará a cultura e a paisaxe na Illa de Arousa

    A ILLA> A Illa de Arousa estrea unha nova oferta cultural que encaixa perfectamente dentro de calquera itinerario turístico que pase pola Illa os días 24 e 26 de agosto. Os Cons da Salga ou o do Forno serán os escenarios naturais nos que actuarán artistas da talla de Budiño ou Uxía. 

     

    Unha boa posta de sol nos Cons da Salga ou no do Forno, amenizados pola Escola de Música Municipal con Budiño ou a Coral Polifónica con Uxía, son as propostas para esta primeira edición de a “Cultura nos Cons”. 

    O debuxante Luís Davila  ilustra o cartel desta nova iniciativa, que terá lugar nos citados emprazamentos da Illa de Arousa, os vindeiros 24 e 26 de agosto a partires das 19:30 da tarde. 

    A Deputación de Pontevedra colabora con esta acción que pretende, segundo os seus organizadores, dinamizar o turismo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/ptac_cultura_a_illa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/ptac_cultura_a_illa.mp4{/flowplayer}