David Otero candidato do BNG de Sanxenxo nas vindeiras municipais

    SANXENXO> Sandra Fernández será o número dous e Gloria González o catro. Inclúen dúas novas caras: Maximino González e Salvador Martínez.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATO_ALCALDIA_BNG_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Bloque Nacionalista Galego presentou na súa sede en Sanxenxo o candidato e os primeiros postos da lista para as vindeiras eleccións municipais. Despois da asemblea de militantes que se celebrou a mediados de decembro, David Otero, voceiro do partido, encabezará a lista xunto a Sandra Fernández, actual concelleiro, que vai ocupar o número dous. Unha proposta coa que, tal e coma explicou o responsable comarcal, aspiran a conseguir a alcaldía.

    Pola súa banda, David Otero, considerou que están preparados para gobernar en Sanxenxo. Gloria González, actual edil do BNG ocupará a cuarta posición. A lista incluirá dúas caras novas. O veciño de Vilalonga Maximino González e un ex traballador dunha coñecida empresa do concello, Salvador Martínez.

    Otero criticou ademais, a situación económica actual pola que está a pasar o concello de Sanxenxo. Di, o BNG é a alternativa ó partido popular.

    Informaron tamén que o proceso de configuración da lista electoral segue aberto e que nas vindeiras semanas se coñecerán os nomes das outras persoas que van integrar a lista nacionalista.

    Redacción Salnés