Folclore e tradición integran o programa do Carme do Castelo da Pobra

A POBRA> A Pobra arranca a súa tempada festiva co Carme do Castelo que se celebrará entre o 15 e o 17 de xullo. A comisión de festas e o concello deseñaron un amplo programa lúdico, cultural e relixioso para retomar as celebracións tras dous anos suspendidas pola pandemia.

Os festexos arrancarán o venres día 15 cun concerto a cargo do grupo The Cachas and Cousins na praza do Emigrante. A música, desta volta a tradicional galega, tamén será a grande protagonista da xornada do sábado coas alboradas e pasabares durante todo o día e o Festtival Folk a partir das dez da noite.

O domingo resérvase principalmente ós actos relixiosos coa misa solemne na honra da Virxe do Carme e posterior procesión marítima.

Xa dende o día 8 e ata o 16 haberá nove na igrexa de Santiago da Pobra do Deán ás oito da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí