• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> Os representantes do BNG e do PSOE en Sanxenxo, ou os xa ex socios de Gonzalo Pita a fronte do concello, mostráronse sorprendidos da "boa sintonía" mostrada entre os integrantes da formación popular e Gonzalo Pita. David Otero e Coral González mantiveron esta mañá que a única deslealdade política que houbo foi a mostrada polo actual alcalde Gonzalo Pita, ao aceptar formar parte dun goberno xunto cos populares. David Otero e Coral González, ata hoxe socios de goberno de Gonzalo Pita, mostráronse sorprendidos coa decisión que tomou o alcalde saínte Gonzalo Pita, e admitiron que onte souberon polas redes sociais e pola da edil Vanesa Rodríguez, do que estaba acontecer. Para David Otero o que empezou sendo un rumor, rematou sendo unha realidade. Otero recoñeceu que a falta de lealdade reflíctese na forma de proceder de Gonzalo Pita Para os voceiros nacionalista e a socialista a situación de hoxe non ten que ver coa avenida Luis Rocafort, e admiten que non saben cal é o fondo da cuestión, pero ao seu entender non ten nada que ver, segundo as súas palabras, coa supresión de "vinte prazas de aparcamento".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Telmo Martín volverá a ser alcalde de Sanxenxo despois de que esta mañá firmase un acordo de goberno co partido que encabeza Gonzalo Pita, actual alcalde da vila. Un novo goberno bipartito, no que previsiblemente non participará a actual edil de Seguridade Cidadá, Vanesa Rodríguez. Telmo Martín volverá a primeira liña da política municipal de Sanxenxo ao suceder a Gonzalo Pita a fronte da alcaldía. Despois de que o líder do SAL anunciase que deixaba a alcaldía, o popular Telmo Martín recoñecía a súa honestidade e a valentía de Pita para asinar un pacto co PP de Sanxenxo, que garantise unha estabilidade para a vila. Martín sinalou que Pita non será tenente de alcalde, senón que será un "vicealcalde". Ambos partidos asinaron esta mañá un acordo de goberno no que se comprometeron a traballar en prol de diferentes proxectos moi importantes para a vila. Logo do rebumbio informativo na Casa do Concello... na rúa, como sempre, opinións para todos os gustos. Dado o momento político no que nos atopamos o acordo asinado entre as dúas formacións inclúe no punto 16 un pacto anticorrupción que sinala que a coalición romperá si nalgún momento algún concelleiro das súas agrupacións se lle abre xuízo oral por corrupción.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Gonzalo Pita deixará de ser alcalde de Sanxenxo a finais de este mes. Así o anunciou o independente esta mañá, nunha multitudinaria rolda de prensa, na que sorprendeu sentado ao lado do líder da oposición na vila, Telmo Martín, quen asumirá a alcaldía da vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou esta mañá na Confraría de Portonovo a primeira edición de “Pincho e Raia”. Un evento culinario que nas fins de semana de abril servirá de antesala á tradicional “Festa da Raia” que terá lugar a finais dese mes. Só polo recendo que desprendía esta mañá a Confraría de Portonovo, ante a presenza de semellantes delicatesen a base de raia, a recomendación para asistir á vixésimo segunda Festa da Raia de Portonovo, está máis que asegurada. Pero como ésta aínda se celebrará os próximos 29 e 30 de abril, este ano desde o concello decidiron agasallarnos cun adianto do maís saboroso. Trátase da iniciativa “Pincho e Raia”. Sorpresa de Raia, Tres en Raia, Crocante de Raia, Rolioñ de Raia con salsa de champiñóns e langostinos ,raia empanada son ali oli…e así ata 16 tapas a base deste exquisito manxar, tantos, como locais participan en Pincho en Raia. A idea é que durante as f semanas previas á Festa da Raia, tanto visitantes como nativos visiten Portonovo para ter un pequeño aperitivo do que se aveciña. Desde hoxe, os venres, sábados e domingo de abril, por un prezo de dous euros, poderán gozar deste pinchos de raia, sen esquecferse de cubrir o pasaporte nun mínimo de 8 locais, e así poden entrar tamén no sorteo. Os premios son un televisor, un curso de fotografía e outro de iniciación ó piragüismo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXNEXO> Augas de Galicia non autoriza a conexión do polígono industrial de Nantes a EDAR de Dena. Gonzalo Pita, alcalde de Sanxenxo, afirmou esta mañá en rolda de prensa que continuarán traballando para dar solución a estes contratempos que xorden na posta en marcha deste polígono, xa que segundo el mesmo afirmou, é unha das prioridades deste goberno.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O PP de Sanxenxo acusa ao goberno actual da vila de incumprir o pacto de goberno no que se establecía, que os membros do cuatripartito reducirían os seus salarios entre un 20 e un 30%. Despois da saída do goberno de Roberto Carlos Agís, os populares afirman que o tripartito continúa sen cumprir a súa promesa electoral e postelectoral.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O cuatripartito de Sanxenxo non convence á oposición. Para o Partido Popular, estes cen primeiros días de goberno caracterízanse pola falta dun proxecto para a vila. Esixen ao executivo que consiga infraestruturas para o concello, e sinalan o mal funcionamento do servizo de limpeza, a mala organización do tráfico e a falta de actividade no parque empresarial como os principais fracasos destes primeiros 100 días.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
SANXENXO> Dende o sábado, o despacho da alcaldía de Sanxenxo ten un novo inquilino. O independente Gonzalo Pita será o seu ocupante os vindeiros catro anos, á fronte dun goberno cuatripartito que conseguiu rematar con 16 anos de maiorías absolutas do Partido Popular. Pita e o seu equipo arrancan agora un novo mandato marcado pola proximidade do verán nun dos concellos máis turísticos de España, como é o caso de Sanxenxo.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: gonzalo pita Top of Page

Síguenos en facebook