09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> O 23 de outubro comeza a campaña de vacinación que lanzan dende a Consellería de Sanidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá ata o 29 de decembro e que ten como fin minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega, tentando diminuír o número e a gravidade das complicacións que poida ocasionar a mesma.
Publicado en PONTEVEDRA
BARBANZA> O obxectivo da campaña non é outro que tratar de minimizalo impacto desta enfermidade na poboación, especialmente nos grupos de maior risco. A campaña de vacinación antigripal deste ano iniciarase o vindeiro 23 de outubro e prolongarase ata o 29 de decembro. Neste tempo a consellería de Sanidade pretende distribuír unhas 560 mil vacinas entre a poboación, dirixíndose especialmente aqueles grupos de idade de maior risco como poden ser persoas maiores de sesenta anos. Como medida extraordinaria este ano sanidade adquiriu unhas trinta mil vacinas mais, coa previsión de mellorar os resultados da campaña do ano anterior, mantendo a oferta de vacinación a tódalas persoas incluídas nos grupos de risco, de xeito totalmente gratuíto, co fin de aumentar as coberturas. A consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser centros penitenciarios, entre outros.
RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas que rexistrar as aves de uso doméstico a fin de previr ou localizar problemas no hipotético caso de que se localice algún caso de gripe aviar na zona.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Mércores, 02 Novembro 2016 18:09

O BNG da Pobra denuncia a falta dunha enfermeira

POBRA> O BNG da Pobra denuncia a falta dunha enfermeira no centro de saúde do municipio, o cal altera considerablemente, segundo afirman, o calendario da campaña de aplicación da vacina antigripal. 
Pontevedra> O vindeiro luns 24 de outubro comezará a campaña de vacinación que lanzan dende o Sergas. Unha campaña que terá unha duración de 8 semanas e que se ofertará en 250 centros de saúde da provincia. Pontevedra contará con 530 mil doses de vacina para subministrar ao longo destes meses. 
Publicado en PONTEVEDRA
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: gripe Top of Page

Síguenos en facebook