Hostaleiros de Boiro denuncian as dificultades para cumprir coas medidas impostas por Sanidade

BOIRO> A hostalería, un dos sectores máis afectados por esta crise, denuncia a dificultade para cumprir algunhas das normas decretadas polas autoridades sanitarias. Varios establecementos da rúa peonil de Boiro foron propostos para sanción tras unha inspección das instalacións por parte da Garda Civil.

Tan só poden abrir ata as cinco da tarde e servir en terraza ó 50 por cento da súa capacidade. Con estas restricións os números non dan polo que moitos hostaleiros de Boiro están a piques de baixar a reixa. Agora ademais teñen que engadir as denuncias cursadas en varios establecementos da rúa peonil por incumprir algunhas das medidas anti-covid.

Os hostaleiros denuncian a inconcreción das normas e a dificultade para cumprir con algunhas das obrigas impostas. Con esta situación eas escasa expectativas de mellora son moitos os que ven cada vez máis preto o peche definitivo dos seus negocios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí