Lita Cabellut inicia a súa xira polo Salnés en Vilanova

    VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut “desembarcou” en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada. A comarca de O Salnés acollerá entre hoxe e mañá, a Lita Cabellut, unha das artistas contemporáneas máis importantes do mundo. A súa primeira parada foi esta mañá no albergue de As Sinas en Vilanova, onde se presentou o proxecto que estiveron preparando centros escolares e asociacións de toda a comarca durante as últimas semanas. Posteriormente a presentación de As Sinas, Cabellut desprazouse ao concello de Vilanova onde deixou as súas mans plasmadas en escaiola para o recordo desta visita. Unha iniciativa coa que se pretende sacar o arte as rúas e implicar aos máis pequenos nesta materia. Esta artista catalá visitará despois de comezar a súa visita en Vilanova, a Illa de Arousa, Cambados e Vilagarcía onde estivo esta tarde. Esta actividade coincide en tempo e forma coa Semana Mundial