Manuel Fraga: ‘Vivimos en tempos de tronada’

    fragamitinppgrove100_230507.jpgO GROVE > O senador do PP Manuel Fraga acompañou onte á noite á candidatura que concorre ás Municipais no Grove…

    … Para o presidente de honra dos populares estes comicios servirannos de preparación para os vindeiros comicios autonómicos e estatais e advertiu que ‘vivimos en tempos de tronada e España corre o risco que dividirse’.

    fragamitinppgrove200_230507.jpgArroupado por máis de 370 persoas, o candidato Miguel Ángel Pérez, contou ademais co respaldo do presidente provincial do partido Rafael Louzán que prometeu a piscina para O Grove. Pérez lembrou que hai 2 anos que non lles vai ninguén a inaugurar nada e desto tamén se encargou de recordalo Manuel Fraga. Repasou as actuacións feitas polo PP no Grove pero tamén o programa que tiñan para o Salnés nas últimas eleccións autonómicas e que coa nova Xunta non foron adiante.

    O candidato popular arremeteu contra os que ‘enchen a boca coa palabra democracia e son capaces de dicir que a elección a dedo é unha decisión asemblearia’. Indicou que o PP é o ‘único partido transversal, que representa a tódolos sectores’ e pediu un esforzo ós veciños para axudalos a conseguir a maioría absoluta.

    Redacción Salnés