• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Continúa na Illa de Arousa a Festas Gastronómica dos produtos do Mar que se celebra desde o pasado venres e ata o próximo día 20. Esta mañá, coincidindo coa ponte festiva, a asistencia todo un éxito. Polbo, navallas, nécoras, camaróns ou mexillóns son só algúns dos tesouros gastronómicos que se puideron degustar. Un menú moi amplo… Un entorno envidiable. E Prezos asequibles… A Festa gastronómica dos Produtos do Mar, organizada polo Club Céltiga, está a celebrar a súa edición número catorce cunha gran afluencia. O do Cantiño, na Illa de Arousa, converteuse desde o pasado venres no comedor máis visitado da comarca. Milleiros de persoas achéganse aquí para degusta e algúns, descubrir, a calidade dos produtos do noso mar. Esta mañá, plena ponte festiva, o panorama non ía ser menos. A previsión dos organizadores, dos 30.000 visitantes en total, quédase curta . Os días festivos axudan, pero o verdadeiro motivo do éxito desta festa, son eles e elas. Os tesouros que acolle a nosa ría de Arousa. Quen estea salivando nestes momentos, está a tempo de degustar os produtos tamén mañá, día festivo achegándose ó paseo do Cantiño na Illa de Arousa. Ou senón, a festa volve abrir a próxima fin de semana, sábado e domingo, cando se poña o punto e final a esta cita gastronómica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA>s. Durante toda a xornada viviuse unha actividade frenética. A primeira subhasta, a do marisco, realizouse ás tres da tarde, mentres que a poxa do resto de capturas tivo lugar ás seis. A nova lonxa de Ribeira facía hoxe a súa posta de longo oficial coa apertura das instalacións. Foi un día de actividade frenética. Moitas das vendedurías que dende hoxe xa operan nas novas instalacións, realizaban esta mañá o traslado das súas pertenzas á súa nova ubicación. Traballo arreo tamén para os traballadores da empresa que a partir de agora levará a xestión da nova rula, e que substituirá ó Concello nese labor, así como tamén para os compradores, na súa maioría satisfeitos co cambio ás novas instalacións. A última hora da mañá foron chegando a maioría dos barcos, primeiro as embarcacións menores, que traballan no marisqueo, e posteriormente artes menores, arrastre e cerco. En cifras destacar os 30 mil quilos de lirio descargados, sendo a especie máis abundante. Seguida do xurelo e a xarda, que sumaron entre as dúas especies uns 29 mil quilos. O polbo foi a cuarta especie en canto a volume de descargas, cun prezo que rondou entre os tres euros e medio o máis barato e os 11´20 o máis caro. En canto ó marisqueo, na rula subhastáronse 321 quilos de ameixa rubia a un prezo medio de 8’18, 227 quilos de xapónica a 7’97 e 616 de navalla, que se pagaron a unha media de 6’86. Despois de máis de 25 anos de actividade, a vella lonxa pechou as súas portas definitivamente. Fíxoo despois dun ano no que se acadaron cifras históricas, con case 32 millóns de quilos de pescado e unha facturación de récord, que superou os 43 millóns de euros. queda pendente a partir de agora a que se destinarán esas vellas instalacións. Aínda que todo apunta a que poderían albergar a nova nave dos redeiros.
RIBEIRA| A Garda Civil informou do rexistro, na AP-9, á altura da peaxe de Padrón, dun turismo con remolque en cuxo interior transportaba uns oitocentos quilos de diversas especies de peixe e marisco, tanto fresco como conxelado, sen ningunha guía ou documento que amparase a súa lícita procedencia. Segundo indicaron fontes do propio Instituto Armado a súa procedencia era dun barco de bandeira francesa atracado no porto de Ribeira. Os feitos foron postos en coñecemento da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, dependente da consellería do Mar, que acordou o comiso da carga e a incautación do remolque, procedendo tamén ó levantamento das oportunas actas de denuncia.
VILAGARCÍA> Continúa a tensión na Confraría de Carril. O pósito carrilexo está a sufrir numerosas inspeccións nos últimos días. Unha situación que segundo creen dende a xestora, responde a plan para enturbar as próximas eleccións do 27 de maio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> O patrón maior do pósito noiés, Santiago Cruz, confirmou de que a campaña deste ano será prolongada ata marzo.
RIBEIRA> Comeza a escalada de prezos nas prazas de abastos a menos de dúas semanas para a Noiteboa. Este ano o aumento da cotización será aínda maior, debido á escaseza de marisco. Esta mañá visitamos o mercado de Ribeira, onde nos aconsellaron mercar antes de que suban máis os prezos e nos aclararon una dúbida que moitos temos: como se debe conxelar o marisco?
Martes, 29 Novembro 2016 19:14

A centola a prezo de ouro a un mes do Nadal

VILAGARCÍA> O centolo escasea a case un mes do Nadal e custa preto dos 30 euros o kilo. As cámaras de esta casa acudiron este martes o Mercado de Abastos de Vilagarcía para coñecer in situ como avanzan as ventas deste marisco. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> Desánimo entre os mariscadores de Noia polo que consideran unha campaña nefasta. Tras dous paróns case seguidos na recollida do marisco debido á toxina, esta mañá volveron saír ó mar. Á marea vermella hai que sumarlle os baixos prezos que están acadando os bivalvos.
BOIRO> As prazas de abastos notan a escaseza de peixe e marisco tralo temporal vivido nos últimos días, que impediu saír ó mar. As pescantinas quéixanse tamén da pouca centola que hai para estar en plena campaña, o que fai, inevitablemente, subir os prezos deste crustáceo. 
RIBEIRA> A confraría de pescadores de Ribeira aínda non ten data fixada para a apertura da campaña marisqueira nas súas concesións. Todo apunta a que será a finais deste mes de outubro. O pósito está a espera dos resultados do libre marisqueo nas próximas semanas para tomar unha decisión definitiva.  
O Grove> Na pasada noite daba o seu  pistoletazo de saída a quincuaxésima terceira edición da Festa do Marisco do Grove. Unha cita que se desenvolverá ata o día 16 de outubro e onde poderán atopar os mellores produtos das nosas rías a prezos populares. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> Decepción entre os mariscadores de Noia tralos baixos prezos acadados en poxa no seu primeiro día de campaña. O berberecho de primeira pagouse por debaixo dos once euros e o de segunda non pasou dos cinco.
Páxina 1 de 2
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: marisco Top of Page

Síguenos en facebook