O Preguntoiro estreará balaustrada a mediados deste verán

    VILAGARCÍA> O presidente de Portos de Galicia visitou esta mañá o concello de Vilagarcía. Co alcalde da vila, repasaron o proxecto de mellora de seguridade da praia do Preguntoiro, en Vilaxoan, obra que arrancou nos últimos días. Os traballos contan cun orzamento de 250 mil euros, e teñen como obxectivo substituír a varanda actual por unha balaustrada de formigón.

     

    A fachada marítima de Vilaxoan lucirá unha nova imaxe. Preto de 650 metros de balaustrada farán máis seguro o paseo da zona da praia do Preguntoiro, e unificarán o seu aspecto co doutras de Vilagarcía.

    No trazado que seguirá a balaustrada, Portos habilitará dous espazos grandes que se substituirán por illares e que estarán ubicados nas zonas dos areais.

    Ademais da seguridade, as tarefas acondicionarán outros elementos do paseo e humanizarán todo o entorno. Para elo, contan cun orzamento de 250 mil euros. A intención de Portos de Galicia é que os traballos estean rematados no mes de xullo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/06/reunion_jj_fole.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/06/reunion_jj_fole.mp4{/flowplayer}