Patrimonio aproba as obras no último tramo do río do Con

    luz_salgada100.jpgVILAGARCÍA> A primeira fase das obras do programa Luz Salgada, recibe o visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio.

    {flowplayer}images/salnes/luz_salgada.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A primeira fase das obras do programa Luz Salgada, recibe o visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio.

    A Concellería de Xestión do Territorio sacará a licitación os traballos para o último tramo do Río Con, logo de obter o informe favorable de Augas de Galicia. A zona onde se pretende realizar as obras, requiría o consentimento de Patrimonio por afectar a unha zona protexida polo seu interese histórico e arquitectónico. O Concello, dende Xestión do Territorio, agarda agora recibir pronto o informe favorable de Augas de Galicia, tamén preceptivo por tratarse de obras a realizar no ámbito de influenza do leito fluvial.

    A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa deu o visto bo ao proxecto da primeira fase das obras incluídas no programa Luz Salgada. Afectan ao último tramo do río do Con e preténdese recuperar o verdor da ribeira dese último treito, resaltar a antiga muralla de Vista Alegre e darlle maior protagonismo á ponte de pedra que une esta zona ca cidade. De chegar a tempo o informe de Augas de Galicia, a previsión é que os traballos comecen en verán para estar rematados antes de fin de ano.

    O proxecto ten un orzamento de mais de novecentos doce mil euros. As obras previstas desenvolveranse nas dúas ribeiras do río, no tramo comprendido entre a ponte do Arco de Vista Alegre e a Rúa Valle Inclán. Na beira mais urbana, a situada tras a praza de abastos, os traballos pretenden dignificar ese tramo da rúa García Caamaño así como o treito que une esta rúa ca de Alexandre Bóveda. Nestas dúas zonas primarase o uso peonil permitindo o acceso de vehículos para labores comerciais e de carga e descarga.

    Na outra beira do Con, a paralela ó muro do pazo de Vista Alegre, actuarase co obxectivo de resaltar a monumentalidade das murallas de pedra que bordean a finca do pazo. A zona pola que hoxe discorre o degradado paseo de baldosa, substituirase por unha vereda de céspede e habilitarase un paseo de madeira pegado á muralla.

    Redacción Salnés