Pazo Baión 2012, 40.000 botellas da súa mellor anada

    VILANOVA> O bo tempo destes días está a facilitar a labor da vendima na DO Rías Baixas. En Pazo Baión xa levan recollido o 40% da súa produción. Esperan que dure unha semana máis e para entón contan con vendimar en torno a 120.000 quilos de uva. Unhas sesenta persoas traballan na vendima da adega Pazo Baión, da cooperativa Condes de Albarei. O enólogo José Hidalgo explicou que nesta campaña esperan recoller uns 120.000 quilos de uva, nas súas vinte hectáreas de viñedo. O anticiclón das Azores veu na axuda do sector trala borrasca da pasada semana e, en Pazo Baión aseguran que contan cunha uva san e no seu óptimo de madurez. Das sesenta persoas que traballan arestora tanto en campo como en adega, dez son ex drogodependentes. Deste xeito, Condes de Albarei continúa co compromiso social adquirido na compra de Pazo Baión. Ó tempo que arranca a vendima 2013, sae ó mercado o albariño Pazo Baión anada 2012. É unha produción limitada a 40.000 botellas, cando o normal serían 60.000, e segundo as primeiras críticas, a mellor anada de Pazo Baión. A distribución deste viño, de gama alta, tamén é moi selectiva, principalmente queda no mercado nacional, pero xa se empezou a exportar, con presenza sobre todo en México, Australia, Suíza e Estados Unidos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/APZOBAION.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/VENDIMA_PAZO_BAION091013.mp4{/flowplayer}