09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
O GROVE>Unha invasión espacial en plena praia da Lanzada. É o que se viviu esta mañá no Grove coa celebración da décimo terceira edición de Esculturas na Area, que organiza o Instituto Monta da Vila do concello meco. Unha nave espacial, un alieníxena, un cráter….ou o sistema solar. Uns 800 alumnos de 13 institutos de toda Galicia, acudiron á edición número 13 desta xornada de esculturas de area que organiza o departamento de artes plásticas do IES Monte da Vila do Grove. Cada ano, hai unha temática diferente, e nesta ocasión, como poden observar, foi o espazo sideral. Nisto das esculturas de area, a imaxinación é esencial, para todo o proceso, que comeza xa na aula co deseño da cada figura, cos alumnos divididos en grupos. Aínda que a creatividade é a materia que máis puntúa nesta xornada lectiva, o profesor de tecnoloxía tamén ten moito que dicir. Antes xa de que o mar da Lanzada desfaga estas figuras siderais, no instituto do Grove están pensando xa na temática do próximo ano .
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
RIBEIRA> A zona tiña bandeira vermella, e nese momento, xa non había servizo de socorristas no areal.
RIBEIRA> O inicio da tempada de verán no Barbanza arranca coa triste nova dunha vítima mortal nos seus areais, Trátase dunha muller de sesenta e tres anos que falecía a pasada tarde na praia de Coroso. Aínda que a vítima apareceu flotando na auga, semella improbable que se tratase dun afogamento dadas as condicións do mar que fan de Coroso un areal moi seguro.
Publicado en portada
O GROVE> Paralizada a demolición dunha vivenda no entorno da praia das Pipas. Os propietarios denunciaron que os traballos comezaron onte sen previo aviso, pero finalmente conseguiron unha moratoria temporal. Así as cousas, descoñecen cando se retomarán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: praia Top of Page

Síguenos en facebook