A praia da Torre contará con baños accesibles este verán

RIANXO> O concello de Rianxo iniciará nos próximos días as obras de mellora de accesibilidade na Praia da Torre. Ademais da construción de baños adaptados procederase a realizar tarefas de mantemento da ponte sobre o río Té. As obras, orzamentadas en trinta mil euros e financiadas con cargo a unha subvención da Deputación, estarán rematadas de cara ó verán. Esta actuación vense sumar á que xa foi acometida en Tanxil co obxectivo de favorecer a accesibilidade nestes dous areais.