San Vicente de O Grove ultima os preparativos para a súa Festa da Malla

    presentacionfestamalla copia100.jpgO GROVE> A popular romaría, que recrea o proceso dende a recollida do froito á cocedura do pan, celebrarase o vindeiro día 2 de xullo.

    {flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_FESTA_MALLA.flv{/flowplayer}

    San Vicente do Grove ultima os preparativos para a súa festa da Malla. A que xa se ten convertido nunha popular romaría cumpre este ano a súa terceira edición, que se celebrará o vindeiro sábado 2 de xullo na Casa Rectoral.

    Con esta intención, a organización prepara a recreación dunha xornada da malla. Os participantes realizarán o proceso completo: dende a recollida do froito, o mallado e o peneirado, ata o amasado e a cocedura do pan. Todo no mesmo recinto para recordar os asistentes como se vivía este importante momento.

    Os asistentes á romaría e os máis pequenos tamén poderán recordar vellos oficios, como o ferreiro, o cesteiro ou o cañeiro, que nesta festa montan os seus propios postos. Unha romaría que, a partires das 11 da mañá do vindeiro sábado, se completa cun mercado tradicional, contacontos, xogos populares e moita música.

    Redacción Salnés