• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> Os representantes do BNG e do PSOE en Sanxenxo, ou os xa ex socios de Gonzalo Pita a fronte do concello, mostráronse sorprendidos da "boa sintonía" mostrada entre os integrantes da formación popular e Gonzalo Pita. David Otero e Coral González mantiveron esta mañá que a única deslealdade política que houbo foi a mostrada polo actual alcalde Gonzalo Pita, ao aceptar formar parte dun goberno xunto cos populares. David Otero e Coral González, ata hoxe socios de goberno de Gonzalo Pita, mostráronse sorprendidos coa decisión que tomou o alcalde saínte Gonzalo Pita, e admitiron que onte souberon polas redes sociais e pola da edil Vanesa Rodríguez, do que estaba acontecer. Para David Otero o que empezou sendo un rumor, rematou sendo unha realidade. Otero recoñeceu que a falta de lealdade reflíctese na forma de proceder de Gonzalo Pita Para os voceiros nacionalista e a socialista a situación de hoxe non ten que ver coa avenida Luis Rocafort, e admiten que non saben cal é o fondo da cuestión, pero ao seu entender non ten nada que ver, segundo as súas palabras, coa supresión de "vinte prazas de aparcamento".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Telmo Martín volverá a ser alcalde de Sanxenxo despois de que esta mañá firmase un acordo de goberno co partido que encabeza Gonzalo Pita, actual alcalde da vila. Un novo goberno bipartito, no que previsiblemente non participará a actual edil de Seguridade Cidadá, Vanesa Rodríguez. Telmo Martín volverá a primeira liña da política municipal de Sanxenxo ao suceder a Gonzalo Pita a fronte da alcaldía. Despois de que o líder do SAL anunciase que deixaba a alcaldía, o popular Telmo Martín recoñecía a súa honestidade e a valentía de Pita para asinar un pacto co PP de Sanxenxo, que garantise unha estabilidade para a vila. Martín sinalou que Pita non será tenente de alcalde, senón que será un "vicealcalde". Ambos partidos asinaron esta mañá un acordo de goberno no que se comprometeron a traballar en prol de diferentes proxectos moi importantes para a vila. Logo do rebumbio informativo na Casa do Concello... na rúa, como sempre, opinións para todos os gustos. Dado o momento político no que nos atopamos o acordo asinado entre as dúas formacións inclúe no punto 16 un pacto anticorrupción que sinala que a coalición romperá si nalgún momento algún concelleiro das súas agrupacións se lle abre xuízo oral por corrupción.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O voceiro do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín convocou aos medios, para afirmar que o actual goberno de Sanxenxo, enganou aos veciños de Portonovo, ao prometerlles unha reforma do porto, que segundo Martín non será posible realizar nesta lexislatura. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Telmo Martín considera un fracaso a planificación do verán realizada polo tripartito de Sanxenxo. Nin o coidado das praias, nin a limpeza das rúas nin as medidas en materia de seguridade cidadá e tráfico convencen ao líder do Partido Popular local, que alertou do perigo de que Sanxenxo acabe identificado co turismo de borracheira.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Telmo Martín xa é oficialmente candidato a presidir o Partido Popular de Sanxenxo. Esta mañá presentou os seus avais na sé local da formación: 193, uns apoios que practicamente duplican os 100 necesarios para presentar candidatura. O congreso celebrarase este domingo e, polo de momento, Martín é o único candidato.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo suspende o labor do goberno cuatripartito. Para o seu voceiro, o executivo leva oito meses de boas palabras pero de nula xestión, e critica que non se deran pasos en cuestións claves para o concello como o polígono de Nantes, as actuacións en Portonovo ou o colexio de Vilalonga. Tamén resaltaron que remataron o mes de xaneiro aínda non exista un borrador dos orzamentos para o 2016.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Mércores, 13 Xaneiro 2016 18:06

A corporación mudará o regulamento

SANXENXO> O voceiro do Partido Popular en Sanxenxo saíu satisfeito da reunión que a semana pasada mantivo cos demais portavoces. Segundo explicou Telmo Martín, as demais formacións amosáronse abertas a elaborar un novo regulamento para o funcionamento do concello; algo que ven demandando o PP dende o inicio do mandato. O único partido da oposición xa presentou esta mañá a súa proposta a prol, segundo explicaron, de máis transparencia e participación veciñal.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo segue descontento coa xestión do cuatripartito encabezado por Gonzalo Pita. Para Telmo Martín, o equipo de goberno escúdase na falta de cartos e na inacción doutras administracións para explicar a súa falta de iniciativa. Así as cousas, Martín asegurou que a súa formación concederalles ata principios do vindeiro ano para que se adapten. Entón comezarán unha oposición moito máis dura.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Potenciar o polígono de Nantes, en Sanxenxo, será prioritario para Telmo Martín. Se acada a alcaldía, o candidato popular comprometeuse a telo en servizo nos vindeiros seis meses. Martín foi máis aló, e asegurou que cara o final da lexislatura o parque empresarial será o motor económico e de creación de emprego do concello.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> E aproveitando a estrea esta fin de semana o Eixo Atlántico de Alta Velocidade, a conselleira de Territorio e Infraestruturas achegouse ó Salnés en tren para manter unhas reunións de traballo cos candidatos populares ás alcaldías de Vilagarcía e Sanxenxo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
 
Publicado en portada
SANXENXO> Transparencia e participación parece que serán dúas das palabras que máis escoitaremos na campaña para as eleccións municipais. O Partido Popular de Sanxenxo tamén inclúe estes dous principios no seu programa electoral. Telmo Martín aposta pola creación dun censo dixital que permita aos veciños votar e opinar sobre os diferentes proxectos do concello.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 2
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: telmo martin Top of Page

Síguenos en facebook