Telmo Martín acusa ao cuatripartito de Sanxenxo de falta de xestión e de ideas

    SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo segue descontento coa xestión do cuatripartito encabezado por Gonzalo Pita. Para Telmo Martín, o equipo de goberno escúdase na falta de cartos e na inacción doutras administracións para explicar a súa falta de iniciativa. Así as cousas, Martín asegurou que a súa formación concederalles ata principios do vindeiro ano para que se adapten. Entón comezarán unha oposición moito máis dura.

    Para Telmo Martín, a inexperiencia está a lastrar a xestión do cuatripartito en Sanxenxo. Segundo o líder do Partido Popular, o goberno local carece de liderazgo.

    Martín acusounos de agochar a súa inacción, culpando a falta de fondos nas arcas municipais e sinalando a outras administracións. Escusas insuficientes para o Partido Popular.

    O líder dos populares asegurou que a comunicación co goberno é nula, algo do que acusou ao executivo local. Ademais, insistiu en que o seu partido lles dará un ‘período de graza’ ata comezos de 2016. Despois, comezará cunha oposición moito máis dura.

    A desestacionalización do turismo, coa organización de eventos para atraer visitantes á vila, e prepararse para a chegada do AVE no 2018, son algúns dos retos clave que, segundo Martín, ten Sanxenxo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/16/almorzo_telmo_martin.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/16/almorzo_telmo_martin.mp4{/flowplayer}