Tino Cordal propón aos socialistas unha moción de censura para apartar a Durán da presidencia da Mancomunidade

CAMBADOS> Despois da resposta da presidenta da Deputación que acabamos de escoitar, o edil de Somos Cambados, Tino Cordal, anunciou a súa intención de propoñer unha moción de censura para acabar coa presidencia en funcións de Gonzalo Durán na Mancomunidade de O Salnés.
Gonzalo Durán garda silencio dende a pasada semana, cando se referiu como “chacha para todo” de Abel Caballero, en clara alusión a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen anunciou que tomara medidas legais ante esta situación.
Pois ben, esta mañá abríase unha nova fronte para o alcalde de Vilanova de Arousa, e é que o edil de Somos Cambados insta aos socialistas que participan na Mancomunidade do Salnés a promover unha moción de censura para que Gonzalo Durán abandone a presidencia en funcións da mesma.
Desafortunadas e inaceptables, así cualificou o líder de Somos Cambados as declaracións do alcalde Gonzalo Durán.
Tino Cordal sinala que a pesar da maioría da que goza no concello de Vilanova, a situación de Gonzalo Durán na mancomunidade é máis complicada xa que está en funcións.
O edil cambadés afirmou e recalcou que non sería a primeira vez que se lle gaña aos representantes do Partido Popular unha votación no seo da Mancomunidade de O Salnés, en clara alusión a os referentes a nova Lei de Saúde de Galicia, por exemplo.