Turistas da Pobra convértense en mariscadores por un día

A POBRA> O turismo mariñeiro cobra peso na comarca do Barbanza. Na Pobra arrancou esta Semana Santa cun obradoiro de marisqueo na praia dos Areos. Foi impartido por mariscadoras da asociación Mar da Pobra.

Un grupo de visitantes, a maior parte galegos, pero tamén doutras zonas de España tiveron ocasión de meterse na pel das mariscadoras pobrenses. esta experiencia é posible grazas ó obradoiro de marisqueo que imparte a asociación Mar da Pobra en colaboración co concello.

Ademais de aprender a distinguir entre as distintas especies de ameixa e coñecer as artes empregadas para a súa recolección, os participantes animáronse tamén a apañar marisco. Non dubidaron en meterse á auga e colle-lo rastro na busca de ameixa.

Estes obradoiros puxéronse en marcha hai xa cinco anos con grande éxito de participación. Ademais das visitas turísticas realízanse tamén actividades cos escolares para dar a coñecer e poñer en valor a profesión das mariscadoras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí