Vilariño estreará beirarrúas nun mes

CAMBADOS> Cambados arranxa as beirarrúas dunha das súas principais rúas. As máquinas xa traballan na avenida de Vilariño, nunha intervención que suporá unha mellora tanto estética como de accesibilidade. O proxecto conta cun orzamento de 30 mil euros con cargo ao Plan Concellos 2017.

As máquinas xa traballan na Avenida de vilariño. O concello ten en marcha as obras para mellorar as beirarrúas, tanto dende o punto de vista estético como da accesibilidade.

Os traballos contan cun orzamento de 30 mil euros, e realízanse con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. En total, actuarase nun treito de 280 metros de beirarrúas, que estarán rematadas nun mes.

De feito, dende o concello animan os veciños que aínda non o estean a aproveitar a oportunidade para conectarse á rede de saneamento municipal.

Tamén con cargo ao Plan Concellos 2017, o concello actuará nas beirarrúas do entorno da igrexa parroquial de Santa Mariña Dozo. Neste caso, as losetas substituiranse por placas de pedra, para encaixar a intervención na contorna.