Xuízo a ENCE por suposta vulneración do dereito de folga

    foto_ence_manifestacion_100.jpgPONTEVEDRA> O comité de empresa reclama os excesivos servizos mínimos esixidos durante as xornadas de folga do pasado mes de febreiro.

    {flowplayer}images/salnes/ence_manifestacion.flv{/flowplayer}

    Ás dez da mañá, fronte á Audiencia Provincial, o Comité de empresa de ENCE manifestábase para facer público o xuízo que tiña lugar no interior. Os traballadores, mostraban así o seu apoio á demanda contra a dirección da factoría. O motivo do enfrontamento foi polos servizos mínimos impostos nas áreas de mantemento e seguridade, decretados pola empresa durante o dezaoito e dezanove de febreiro, datas da folga.

    O Comité considera que moitos compañeiros non puideron exercer o seu dereito á folga por ter que cumprir os servizos mínimos decretados pola empresa e polo tanto, a patronal debería declarar nula a folga Logo do xuízo, de saír a sentenza favorable á patronal, os traballadores recurrirán. O comité de empresa está convencido de que o dereito lles asiste e que este capítulo de ENCE, non se pecha hoxe en Pontevedra.

    Redacción Salnés