• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Marta Landeira

RIBADUMIA> O concello de Ribadumia e a Federación Galega de Piragüismo xa teñen todo preparado para slalom de esta modalidade, que se celebrará este domingo 25 de xuño.
CAMBADOS> O II Triatlón Popular de Cambados colga o cartel de cheo. Uns 200 triatletas participarán nesta proba que terá lugar o vindeiro sábado 24 de xuño.
CAMBADOS> A Campaña de Sensibilización Social Panos Brancos Contra a Droga chega a vila do Albariño. Este luns, 26 de xuño, lérase un manifesto na Praza do Concello para concienciar a xuventude sobre os danos das drogas.
VILAGARCIA> O Salón Nobre do concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a entrega de Premios pola Igualdade na Escola que o consistorio entrega a aqueles centros que traballan en prol da mesma. Nesta ocasión os premiados cun cheque de cincocentos euros cada un, foron os centros de Arealonga, Rubiáns e a unitaria de Aralde.
POIO> Co gaio da festa do San Xoán en Poio, o concello preparou un Plan de Seguridade e do Tráfico, co que garantir que a celebración transcorra sen ningún tipo de problema. Este non foi o único punto que se tratou senón que aproveitouse o momento para presentar a I Pedalada de Poio, que se incluirán dentro do programa das festas da localidade.
POIO> O programa das Festas de San Xoán ven cargado de actividades. Unha delas é das que máis arraigo ten entre os veciños, e porque non dicilo, entre os galegas e galegas de toda a comunidade. Estamos a falarlles da recollida de herbas aromáticas que despois de mesturalas con auga utilizase para lavar a cara o día seguinte de San Xoan.
VILAGARCÍA> A Sala Rivas Briones de Vilagarcía acollerá do 16 ao 28 de xullo unha exposición do artista Uxío López. A obra que poderán visitar títulase "Xeitos diferentes de arrincar a pel" e é de balde.
VILAGARCÍA> A II Edición do Vilablues, ou o que é o mesmo o Festival de Internacional de Blues de Vilagarcía, encherá a vila de boa música do7 ao 9 de xullo.
Páxina 1 de 117
HomeSalnés - CaldasMarta Landeira Top of Page

Síguenos en facebook