• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Silvana Moril

Pontevedra> 2426 barcos chegaron a Galicia no primeiro semestre deste ano. Un dato que esta mañá deu a coñecer o presidente de Portos de Galicia . A nosa comunidade tivo un aumento do 20 por cento en xeral e do 11.3 por cento nas Rías Baixas en canto ao número de tránsitos. Durán destacou o notable incremento en portos como o de Pedras Negras no Grove, o de Sanxenxo e o de Portonovo.
Pontevedra> Palabrería, desinformación, mentiras, non ter proxecto e contar cunha administración paralizada. Así resumiron dende o PP provincial os dous anos de Goberno do PSOE e BNG na Deputación. Nun acto organizado nos xardíns de Vicenti onde estiveron presentes alcaldes do PP e membros do tecido asociativo da provincia.
Pontevedra> Pleno ordinario do concello de Pontevedra con presenza de membros da Plataforma o rural existe no Teatro Principal. Os veciños demandan que sexan escoitados, o Goberno Local di que realiza un gran investimento nestes espazos de Pontevedra e a oposición criticou duramente a acción do Goberno nesta e noutras materias tildandoo de estar nun continua parálise administrativa.
Pontevedra> Os pequenos que participan nas ludotecas organizadas pola FANPA en Pontevedra visitaron esta mañá á Deputación. Alí foron recibidos pola deputada de Xuventude, Digna Rivas, quen se encargou de darlle un agasallo a cada un destes nenos.
Pontevedra> Presidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Sanidade e xerente do CHOP presentaron esta tarde o plan funcional de Montecelo. O Gran Montecelo converterase nun espazo que ocupará 118 500 hectáreas e contará con numerosas melloras. Entre elas, as urxencias estará unificadas para todos os ámbitos neste centro, haberá UCI pediátrica, radioloxía, as consultas externas pasarán de 227 a 280, nas urxencias de 61 postos a 117 e no número de camas pasarán de 600 a 720 das que o 60 por cento será individuais. O fin deste centro hospitalario é reoganizar os servizos e os profesionais para crear un hospital de futuro. O presidente pola súa banda amosou o seu compromiso firme e aposta por este Gran Montecelo. Un proxecto ao que se destinarán soamente en construcción 140 millóns de euros. Con estes traballos Feijóo asegurou que ten un contrato asinado coa Boa Vila. O alcalde de Pontevedra pola súa banda fixo un balance positivo deste proxecto funcional do que se queda co compromiso da Xunta de converter nunha realidade este Gran Montecelo. Uns traballos que comezarán previsiblemente a comezos do 2019, con esta previsión o Gran Montecelo convertirase nunha realidade no 2021.
Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais.
Pontevedra> O veciño de Vilagarcía de Arousa que sentou na bancada dos acusados por tentar matar a un home en abril do 2016 recoñeceu os feitos. Tras a confesión do procesado o fallo xudicial xa é firme cunha condena de 5 anos de prisión.
Pontevedra> O concello de Pontevedra ven de presentar o proxecto de accesibilidade para o Pavillón Municipal de Deportes. Uns traballos, que contarán cun investimento de 231 mil euros, e que teñen como fin que todas as persoas con mobilidade reducida poidan acceder nas mesmas condicións que o resto aos espectáculos deportivos.
Páxina 1 de 226
HomeSalnés - CaldasSilvana Moril Top of Page

Síguenos en facebook