SAL critica o despilfarro e continuidade do executivo local

    SANXENXO> Para os membros de SAL, Sanxenxo Agrupación Liberal, o goberno bipartito local segue á mesma liña desilusionante e falta de ideas…

    {flowplayer}images/salnes/sal_100_dias_goberno_bipartito.flv{/flowplayer}

    … da anterior lexislatura na que gobernaba o PP en maioría absoluta, e que provocou daquela a súa excisión do equipo de goberno. Esta xestión nefasta, segundo SAL, non está a ilusionar á cidadanía.

    Aínda máis, cando os orzamentos de tódolos organismos públicos e privados se están a reaxustar para cadrar as contas na actual conxuntura actual, o executivo sanxenxino, segundo a oposición só está preocupado en obter as meirandes dedicacións parciais e totais, canto máis remuneradas mellor; co que non son quen para esixir recortes a ninguén. 

    Desde SAL auguran que este despilfarro vai a traer consecuencias graves nun futuro próximo. E para achegar estas ideas á cidadanía e para informarse das inquietudes veciñais, están a planificar próximas reunións cos veciños co fin de trasladalas ó pleno municipal.

    Redacción Salnés