09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8532)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

Castro invita aos veciños afectados pola factura da auga a asesorarse no concello
RIBADUMIA> Este martes era a voceira popular de Ribadumia a que denunciaba o cobro "desproporcionado" das facturas da auga en Sisán e Barrantes, por unha neglixencia do concello... pois ben, hoxe é o propio alcalde quen pide "prudencia" ante as declaracións de Salomé Peña, e explica o problema que está a acontecer cos recibos da…
O día 29 será a manifestación comarcal contra a Lei de Saúde
VILAGARCÍA> A plataforma da Sanidade Pública sairá á rúa o día 29 nunha gran manifestación contra a reforma da Lei de Saúde da Xunta, que elimina a área sanitaria ó Salnés para convertela nun distrito. Esta mañá celebrouse a última das concentración fronte ó centro hospitalario, mentres o PSOE levaba o tema ó Parlamento Galego…
O concello de Caldas cederá un local ás mulleres embarazadas
CALDAS> Insalubres e tercermundistas, así definen as mulleres embarazadas de Caldas de Reis, as instalacións nas que reciben o servizo da matrona. Levan anos sendo atendidas na antiga escola taller, ante a falta de solucións por parte do Serga. Esta mañá esixiron unha reunión urxente coa Consellería, contando co apoio do alcalde da localidade .…
Os festivos locais a consulta popular en Cuntis
CUNTIS> O concello de Cuntis volve dar mostra da súa cultura democrática facendo partícipes ós seus veciños das decisións que se toman no consistorio. Nesta ocasión o motivo da consulta popular que se está a realizar, desde onte e ata o xoves. son os festivos locais. E como é habitual con este tipo de cuestións,…
Portos de Galicia inviste no Xufre uns 21.000 euros
A ILLA> Portos de Galicia mellora as condicións de traballo no porto do Xufre na Illa de Arousa. O ente autonómico investiu nestas accións uns 21.000 euros, que tal e como lles diciamos, axudaran a mellorar as condicións dos traballadores que fan uso do porto.
Deputados provinciais solicitan a creación dunha Mesa Provincial de Turismo
SANXENXO> Deputados provinciais do Partido Popular elixiron Sanxenxo para a anunciar aos medios a moción que presentaran de cara ao vindeiro pleno relacionada co turismo.
O PP de Ribadumia protesta polas desorbitadas facturas de auga en Sisán e Barrantes
RIBADUMIA> Os populares de Ribadumia denuncian que algúns veciños están a recibir nas súas casas uns recibos de auga abusivos e desproporcionados, ao seu entender. A voceira do PP na vila presentou este martes unha queixa por rexistro no concello para dar solución a este problema.
O PP defende que o a nova Lei de Saúde blinda a existencia do Salnés
VILAGARCÍA> O Partido Popular sae ó paso das críticas da oposición no Salnés á reforma da Lei de Saúde Pública. Representantes do partido na comarca, asistiron esta mañá en Vilagarcía a unha reunión con representantes do PP Provincial. Trala mesma, ante os medios de comunicación, aseguraron que esta reforma favorece ás persoas e negan que…
Unha volta ao cole con viaxe no tempo
VILAGARCÍA> Con esta volta ás aulas, e para moitos, a súa primeira vez no cole, chegaron os choros nalgúns casos, e os reencontros felices para outros. Pero os que sen dúbida viviron unha gran xornada foron os alumnos e alumnas do colexio de Rubiáns en Vilagarcía. Como cada ano, o primeiro día de clases céntrase…
A Xunta aposta polo emprendemento no sector forestal
PONTEVEDRA> A Xunta colabora coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e a Zona Franca para impulsar o emprendemento no sector forestal. O conselleiros de Economía, Francisco Conde estivo, este venres, en Pontevedra, onde sinalou a importancia do sector forestal na comunidade. O sector forestal na nosa comunidade é un dos máis importantes. Conscientes…
Do 8 ao 9 de setembro II Xornadas Fundación Manolo Paz
CAMBADOS> A arte e a natureza conflúen por segundo ano consecutivo nas II Xornadas da Fundación Manolo Paz en Cambados. Os vindeiros 8 e 9 de setembro a fundación cambadesa acollerá esta cita coa que ademais haberá espazo para unha exposición, para a boa música e para unha entrega de premios.
Comezan as obras das beirarrúas de Burgáns
CAMBADOS> Hoxe comezaron os traballos de construción de beirarrúas no lugar de Burgáns, en Cambados. A obra busca mellorar a seguridade viaria neste entorno, no que se atopa o colexio Enrique Barreiro. O orzamento é de case 73.000 euros e estarán rematadas en tres meses. En tres meses, o lugar de Burgáns contará con novas…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook