• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8424)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

O IES de Valga ofertará para o curso que ven un novo FP Dual
VALGA> O IES de Valga ofertará para o curso que ven un novo FP Dual de grao medio de soldadura e caldeirería. Os alumnos poderán cursar a metade da súa formación en 10 empresas que esta mañá asinaron un convenio co conselleiro de Educación e o alcalde da localidade.
A corporación de Vilagarcía reclamará melloras en materia de educación na vila
VILAGARCÍA> Pero este non foron os únicos puntos que se trataron no pleno de onte en Vilagarcía. O alcalde comprometeuse a trasladar ao conselleiro de Educación a demanda da coordinadora pais de alumnos do municipio na reunión que manterán Varela e Rodríguez o martes.
O Club Juventud Cambados recada fondos para a vindeira temporada co Festival
CAMBADOS> Recadar fondos, ese é o obxectivo principal que se marcan dende o Club Juventud de Cambados, e por iso organizan para este sábado unha nova edición do se "festival", no que teñen cabida a gastronomía, a música e por suposto o deporte.
VILANOVA> Tres veciños de Vilanova de Arousa decidiron asociarse para montar o seu propio negocio... un negocio que con tan só 6 meses de vida xa produciu uns 6.000 litros do seu produto estrela: a cervexa artesá, pero si queren coñecer un pouco máis de esta sociedade, non se aparten do televisor, que de seguido…
Cambados Live Festival adianta as festas do verán de Cambados
Música dance a favor dos animais. É a proposta que ofrece Cambados para o próximo sábado 8 de xullo. Cambados Live Festival contará coa presenza de recoñecidos artistas de música disco que actuarán na praza de Concello. A cita solidaria coa música disco será o próximo 8 de xullo. O Cambados Live Festival ten como…
Vilanova demanda á Deputación pola paralización do vial de Baión
VILANOVA> O concello de Vilanova de Arousa presentou un contencioso administrativo ao entender que a paralización do vial de Baión, por parte da Deputación de Pontevedra, causa prexuízo tanto a administración como aos veciños. Gonzalo Durán admitiu esta mañá que dende Vilanova non pararán ata coñecer cal foi o destino do máis de millón e…
A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio
A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
O PP de Vilagarcía propón retrasar o Combate Naval ante a polémica coa Festa da Ameixa
Ou pedir máis efectivos de seguridade ó Ministerio do Interior, ou retrasar a data de celebración do Combate Naval. Son as dúas opcións que propón o PP de Vilagarcía ante a polémica xurdida pola Festa de Ameixa de Carril, entre o alcalde e o presidente dos parquistas. Teñen claro, que o que sería unha irresponsabilidade…
Falece un motociclista nun accidente de tráfico en Bamio
Un veciño de Cornazo de 30 anos, faleceu onte á noite tras resultar cohcar a súa motocicleta cun turismo á altura dos semáforos de Bamio , en Vilagarcía. O sinitros aconteceu pouco antes de medianoite, cando o motorista, Daniel Angustias, un mozo de 30 anos veciño da parroquia vilagarciá de Cornazo, colidía cun vehículo que…
Tres condenados por delito de trata de persoas e prostitución coactiva
Pontevedra> Tres persoas serán condenadas, coa súa conformidade, a penas de prisión de meses e un ano e sete meses. As razóns desta condena é por ter distintos graos de participación nunha organización dedicada a favorecer a prostitución de tres mulleres nun club de alterne en Meis.
O goberno vilagarciá asegura que non se construirá un hotel no Ramal
Volve a polémica a Vilagarcía arredor do proxecto de construción dun hotel na zona do Ramal, ó lado da praia da Concha. A Autoridade Portuaria retoma esta iniciativa ante a carencia, afirman, de prazas hoteleiras na cidade. O goberno local é rotundo, e dí que non permitirá unha nova barreira ó mar. Na rúa, atopamos…
Os escaravellos conquistan Meaño
Medio cento de Escaravellos asisten á terceira Concentración desde toda Galicia. Meaño acolleu tamén a visita de afeccionados lusos a esta cita do coche clásico. Ademais da ruta os asistentes gozaron dunha comida campestre. Meaño acolle esta fin de semana a terceira Concentración de Escaravellos do Salnés, unha cita automobilística que reuniu a un centro…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook