• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8155)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

VILAGARCÍA> Alugar un piso de dúas habitacións, en bo estado, en Vilagarcía de Arousa, convertese na actualidade en case unha misión imposible. A crecente demanda e a baixa oferta de alugueiros, así como o estancamento do sector provocan que os pisos que van quedando libres na vila, sexan ocupados case o instante.
CAMBADOS> Os arousáns gastarán de media uns 337 euros nas compras do Nadal. Unhas cifras que desvela unha enquisa realizada pola Federación de Comercio da provincia de Pontevedra, que se realizou este mes de novembro, entre consumidores e asociacións locais.
VILAGARCIA> O Consello Nacional de Esquerda Unida acordou a disolución do consello comarcal de o Salnés e o nomeamento dunha xestora. No caso da agrupación local de Vilagarcía de Arousa, un órgano similar encargárase para dirixir temporalmente a agrupación, inmersa dende hai meses nunha crise interna. Pola súa banda nin O Grove, nin a Illa…
VILAGARCÍA> A semana pasada era o BNG de O Salnés o que valoraba negativamente os orzamentos autonómicos para o 2017, e este venres facíao o PSOE comarcal. Para os socialistas estes orzamentos discriminan completamente O Salnés.
CAMBADOS> Un grupo de alumnos do Instituto do IES Asorey de Cambados presentaron un proxecto no concurso de robótica do Campus Industrial de Ferrol, facéndose co segundo premio. Agora, un par de semanas máis tarde, lamentan que por un descoido perderon o robot co que se alzaron co recoñecemento universitario, piden a quen o teña,…
VILAGARCÍA> Unha perigosa fuga de gas obrigou a desaloxar tres edificios da rúa Rosalía de Castro en Vilagarcía. Ademais a coñecida rúa estivo pechada ao tráfico durante varias horas, ocasionando importantes atascos. O servizo de gas as casas non foi restablecido ata altas horas da madrugada.
VILAGARCÍA> Ravella, decidida a atopar unha solución para os veciños do edificio polo que pasa un río. Onte, Augas de Galicia anunciaba o arquivo do expediente contra a promotora da obra, encargada de financiar a última fase dos traballos para arranxar o problema. Agora, o alcalde aposta por tomar a iniciativa: que Xunta e concello…
MEIS> O concello de Meis presentou unha denuncia ante a Garda Civil ao percatarse de que un hacker informático accedera a información do concello onde figuraban diferentes datos e documentación de veciños da vila. Unha situación que este mércores, segundo confirmou o alcalde, xa está solucionada.
VILAGARCIA> As instalacións do Centro Sociocultural e o Club de Remo de Vilaxoán sufriron por segunda vez en menos dun mes dous roubos. Nesta ocasión os danos causados non están tarifados aínda que dende a asociación de veciños de Vilaxoán sinalan que facilmente poderían ascender a algo máis de 8000 euros en total.
VILAGARCÍA> O centolo escasea a case un mes do Nadal e custa preto dos 30 euros o kilo. As cámaras de esta casa acudiron este martes o Mercado de Abastos de Vilagarcía para coñecer in situ como avanzan as ventas deste marisco.
O SALNÉS> O mercado internacional tamén é fonde moitas alegrías para a Denominación de Orixe Rías Baixas. De feito, cada vez máis adegas lánzanse á aventura exterior.
CAMBADOS> Este sábado amenciamos coa noticia do finamento de Fidel Castro en todos os medios de comunicación. Pois ben, este domingo, e tamén por mediación dos medios, aínda que nesta ocasión locais, coñeciamos que un arousá, coñecido na bisbarra en xeral e en Cambados en particular, tivo a oportunidade de coñecer en persoa o líder…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook