• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8193)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

Comeza a regularización das concesións da praza de abastos de Cambados
CAMBADOS>Representantes do concello de Cambados reuníronse a pasada noite coas vendedoras e vendedores da praza de abasto da vila, para explicar como será o proceso administrativo para regularizar as concesións da praza cambadesa.
Cambados Cidade Europea do Viño 2017 estréase en Fitur
CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra tamén estivo presente esta mañá en Fitur, neste caso no Stand de Tour España, presentando ó concello de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. Como xa demos conta neste informativo, trátase dunha das noticias máis relevantes para o turismo das Rías Baixas neste ano, e hoxe en Madrid presumiron…
Pontón recolle as achegas do BNG de Cambados
CAMBADOS> A voceira nacional do BNG visitou esta mañá o concello de Cambados. Ana Pontón escoitou de primeira man as necesidades e achegas do grupo nacionalista cambadés, que forma parte do goberno local. A formación aproveitou para trasladarlle varias necesidades da localidade, que Pontón comprometeuse a levar ao Parlamento.
O Auditorio de Vilagarcía acollerá este sábado o Festival Benéfico
VILAGARCIA> Este sábado teñen unha cita, por unha boa causa, no Auditorio de Vilagarcía. O Festival Benéfico en favor dos máis necesitados da parroquia, exponse como unha mostra de solidariedade cos máis desfavorecidos, e como unha cura contra a tristeza.
Unha nova ola de frío chega O Salnés
VILAGARCIA> O frío chegou a Vilagarcía, e parece que para quedarse durante uns días. Nada ten que ver con aquela nevada de xaneiro do 87, pero as bufandas, os guantes e os gabáns de inverno son os grandes protagonistas nas rúas vilagarciáns durante estes días.
Manifestación as portas do Hospital de O Salnés
VILAGARCIA> A xunta de persoal do Hospital de O Salnés protestou, este martes, as portas do centro hospitalario para protestar pola situación insostible, pola que a seu xuízo está a pasar o centro hospitalario.
SANXENXO> O voceiro do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín convocou aos medios, para afirmar que o actual goberno de Sanxenxo, enganou aos veciños de Portonovo, ao prometerlles unha reforma do porto, que segundo Martín non será posible realizar nesta lexislatura.
VILAGARCIA> O Castro Alobre como motor económico e turístico en Vilagarcía. Esa foi a tese defendida onte por Antonio Nicolau Martí, profesor no máster de Xestión Cultural da Universidade de Barcelona e Diego Play, arqueólogo director dos últimos traballos no xacemento vilagarcián. Unha idea centrou a charla-coloquio que se celebrou no Auditorio da vila.
VILAGARCIA> O goberno de Vilagarcía, ve difícil, pero non imposible aprobar os presupostos de 2017 durante o mes de decembro. O tempo aprema para o executivo, que non só está pendente das limitacións que impón a Lei de Presupostos do Estado, senón tamén dos requisitos para cobrar a parte que corresponde a este ano dos…
VILAGARCÍA> Segundo día de protestas no Colexio de Carril. Este mediodía os nenos volveron comer ás súas portas, demostrando o seu descontento coa dobre quenda implantada no comedor que reduce os tempos para xantar dos pequenos. Como novidade, algúns pais dos máis maiores si que deixaron aos seus fillos dentro, para comprobar o funcionamento deste…
VILAGARCÍA> A selección galega feminina de fútbol xogará o vindeiro 22 de decembro en Vilagarcía. A Lomba será testemuña do encontro que enfrontará ao equipo galego coa selección catalá. Este martes o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, referiuse a Vilagarcía como a "cuna do fútbol" da provincia, na presentación do evento.
VILANOVA> Un grupo de case 50 alumnos do colexio de Vilanova de Arousa tiveron, este martes, unha clase diferente. Os cativos traballaron na contorna da praia do Terrón onde aprenderon un pouco máis sobre este espazo natural do seu concello, e onde tamén desenvolveron unha pequena limpeza do espazo, para concienciar sobre a importancia de…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook