• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8193)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

O SALNÉS> O mercado internacional tamén é fonde moitas alegrías para a Denominación de Orixe Rías Baixas. De feito, cada vez máis adegas lánzanse á aventura exterior.
CAMBADOS> Este sábado amenciamos coa noticia do finamento de Fidel Castro en todos os medios de comunicación. Pois ben, este domingo, e tamén por mediación dos medios, aínda que nesta ocasión locais, coñeciamos que un arousá, coñecido na bisbarra en xeral e en Cambados en particular, tivo a oportunidade de coñecer en persoa o líder…
SANXENXO> Portonovo non renuncia á súa Festa da Raia. A pesares das dificultades, a cita xa ten data para o ano que ven: celebrarase os días 29 e 30 de abril. Pero mentres, o concello quere ir abrindo boca, con diferentes eventos promocionais. O primeiro celebrouse este sábado na lonxa de Portonovo, coa presentación da…
MEAÑO> Meaño exalta a súa gastronomía. Entre o 3 e o 11 de decembro o concello organizará o seu segundo concurso de tapas, unha cita que repite tralo éxito da edición do ano pasado. Nesta ocasión serán oito restaurantes os que ofrezan as súas propostas aos clientes, na procura de darse a coñecer e desestacionalizar…
VILAGARCIA> Milleiros de persoas atópanse en risco de exclusión social en España. Este domingo celebrase o día das Persoas sen Fogar, por iso dende a Cruz Vermella de O Salnés, este venres se celebrou a xornada de portas abertas no albergue de Vilagarcía, para comprobar in situ o encomiable labor que se fai dende estas…
VILAGARCIA> Xornada de folga estudantil en Vilagarcía, en repulsa contra as reválidas en particular e a LOMCE en xeral. A Praza de Galicia da localidade arousá foi o lugar elixido polos estudantes para realizar dúas movilizacións, unha as doce da mañá e outras as sete e media da tarde.
VILAGARCIA> Este xoves aterrou en Galicia unha nova borrasca. Tras varias xornadas de chuvia intermitente, nas que parecía que o bo tempo daría unha tregua, outra vez alertas advirten da situación meteorolóxica. Fortes precipitacións, neve en cotas baixas ou vento no mar son algunhas das complicacións que deixou este temporal. Aínda así en Vilagarcía, os…
VILAGARCIA> Este mércores, sobre as 10:30 da mañá, tivo lugar no Porto de Vilagarcía un simulacro de emerxencias para avaliar a capacidade de resposta e formar sobre a actuación en determinadas accións que supoñan un risco para o porto ou os traballadores e operarios que cada día traballan nas súas instalacións.
VILAGARCIA> O Concello de Vilagarcía foi o lugar elixido para a presentación do Festivala. Un festival pioneiro na zona, que chega a vila para incidir na necesidade de visibilizar o papel das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade.
CAMBADOS> Cambados quece motores para a segunda edición do seu Desfile de Outono. O domingo, 18 tendas da asociación Cambados Zona Centro levarán as súas mellores galas ata o Salón José Peña. Alí 50 modelos presentarán ao público as propostas. Unha promoción orixinal de cara a campaña de Nadal.
VILAGARCÍA> O 25 de este mes, ou o que é o mesmo, este venres os comercios de O Salnés sumaranse aos descontos do "black friday". Unha xornada de des contos, que ano tras ano, estase a consolidar no sector, e que é a antesala das compras do Nadal.
CALDAS> Pequena vitoria para o alcalde de Caldas. A Audiencia Provincial de Pontevedra ven de anular a apertura de xuízo oral contra Juan Manuel Rey por malversación de fondos; unha decisión que obriga ao xulgado de Caldas a dictar unha nova resolución. Para o rexedor socialista, esta é unha mostra máis da súa inocencia.
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook