• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8425)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

Comezan as obras das beirarrúas de Burgáns
CAMBADOS> Hoxe comezaron os traballos de construción de beirarrúas no lugar de Burgáns, en Cambados. A obra busca mellorar a seguridade viaria neste entorno, no que se atopa o colexio Enrique Barreiro. O orzamento é de case 73.000 euros e estarán rematadas en tres meses. En tres meses, o lugar de Burgáns contará con novas…
Vehículos e peóns: difícil convivencia nas rúas peonís de Vilagarcía
VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía recibe ente dúas e tres denuncias ó día por infraccións de vehículos en rúas peonís. Ravella continúa coa súa aposta por unha cidade deseñada para as persoas, algo que parece que os coches non acaban de comprender nin respectar este modelo. A peonalización das rúas e prazas do centro urbano…
Os nenos de Vilagarcía celebran a "Volta ao Cole" cunha festa
VILAGARCÍA> A volta ó cole convértese nun período complicado, sobre todo para os proxenitores, pero para os cativos, cando menos para os de Vilagarcía, convértese nunha verdadeira festa. E é que o concello organiza esta semana previa á incorporación escolar unha gran festa infantil para dar a benvida ó novo curso con ilusión e diversión.…
O Piñeiriño terá comedor e o Castro Alobre un pavillón reformado antes de que remate o ano
VILAGARCÍA>Boas novas para dous dos centros educativos de Vilagarcía. O Piñeiriño contará cun comedor escolar antes de que remate este curso, e o Castro Alobre verá reformado o seu pavillón deportivo antes de que remate o ano. Son os dous compromisos que adquiriu esta mañá o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, durante unha visita ó…
O coworking de Vilanova a punto para arrancar
VILANOVA> Aqueles emprendedores interesados en impulsar o seu proxecto no Coworking que se vén de crear en Vilanova, aínda están a tempo. Das 22 ideas que recibirán asesoramento e apoio económico, xa están asignadas 10. Esta mañá representantes do Igape explicaron os detalles no Pazo de Vista real. Hai dúas semanas o conselleiro de Economía,…
A Deputación e o concello de O Grove suman forzas para a Festa do Marisco
O GROVE> O Concello do Grove e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a celebración da Festa do Marisco do municipio meco. Para esta edición número 54, que terá lugar do 5 ó 15 de outubro, a entidade que preside Carmela Silva cubrirá con 6.000…
Pazo Baión adianta quince días a vendima
VILANOVA> Pazo Baión arrincou hoxe a campaña da vendima. Preto de 50 persoas comezaron esta mañá coa recollida de acios, que este ano ponse en marcha con quince días de adianto respecto da vendima pasada. Segundo os cálculos, en Pazo Baión recolleranse ao redor de 140.000 quilos de uva de excelente calidade. A vendima deste…
O centro de saúde pechará oito tardes en setembro
CAMBADOS> O concello de Cambados denuncia un novo recorte en materia sanitaria no municipio. Durante o mes de setembro, o centro de saúde pechará oito tardes. Dende a concellería de Sanidade, apuntan á falta de substitucións do persoal como motivo, e denuncian a intención privatizadora da Xunta de Galicia. No mes de setembro, os cambadeses…
Portos comeza a 4ª fase de limpeza de dársenas
Pontevedra> Dende Portos de Galicia presentaron esta mañá a 4ª fase do plan de limpeza de dársenas. Un plan que se executará en 5 zonas da provincia entre os que se atopa o porto de Vilanova de Arousa e o de Meloxo, no Grove. Os traballos comezarán o 18 deste mes.
Cociña de todo o mundo sobre rodas e sen saír de Portonovo
SANXENXO> Agora propoñémoslles outro exquisito plan para esta primeira fin de semana de setembro. Desta volta, en Sanxenxo. Baltar acolle o Festival Parranda and Trucks, onde a música e o teatro serán os ingredientes que aderezan os dez Food Trucks, ou restaurantes sobre rodas, que conforman esta proposta gastronómica. Non hai festa nin evento nos…
Cambados axuda ós mozos a deseñar o seu futuro
CAMBADOS> Achegar a realidade laboral ós máis novos, é o obxectivo que persegue o programa “Deseñando o Futuro” da Consellería de Xuventude. En Cambados uns 15 mozos de entre 14 e 18 anos están somerxéndose este verán en distintos oficios para poder decidir sobre o seu futuro laboral e académico. Hoxe tocou visita á Lonxa…
Festa de disfraces para despedir o campamento
VILAGARCIA> Todo chega ó seu fin co remate da temporada estival, incluídos os campamentos dos máis pequenos. Esta mañá asistimos á festa de despedida dos campamento que organiza o concello de Vilagarcía. O colexio da Escardia acolleu esta cita festiva na que a Imaxinación foi a protagonista. Así é como nos explican eles o contido…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook