• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8193)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

Gonzalo Pita non está de acordo con que a Xunta de Compensación de Nantes pida unha indemnización
SANXENXO> O polígono de Nantes continúa a dar que falar. A semana pasada era o Consellor Rector o que expresaba a súa intención de pedir unha indemnización, este xoves, Gonzalo Pita e o seu executivo comparecían para admitir que o polígono ten posibilidades de desenrolo polo que non cabe a posibilidade de pedir unha indemnización.
26 mulleres en risco formaranse en inserción social e laboral ata decembro
VILAGARCIA> O Programa Clara desembarca en Vilagarcía para promover a inserción social e laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este xoves na súa primeira clase, puidemos comprobar como todas as participantes deron conta de todo o que lles gustaría conseguir ao rematar o curso.
Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia
Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar…
Alumnos do CEIP O Piñeiriño aprenden como funciona un composteiro
VILAGARCIA> Cativos do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía visitaron o composteiro que se instalou no parque do mesmo nome. Unha vez alí unha mestra composteira ensinoulles como funciona e faloulles dos beneficios de esta práctica.
Sete concellos de O Salnés entre os de "especial risco" de gripe aviar
RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas…
A Ruta do Viño Rías Baixas recibíu máis de 100 mil visitas no 2016
Pontevedra> Máis de 100 mil persoas visitaron ao longo do 2016 a Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase así, un incremento do 15 por cento en relación ao 2015. Este primeiro balance, baseado nos datos do informe da Asociación de Cidades Españolas do Viño, foi presentado esta mañá polo presidente da Ruta do Viño e…
Carmela Silva visita o solar no que se emprazará a nova gardería de Vilaxoán
VILAGARCIA> Carmela Silva aproveitou a súa visita a Vilagarcía para coñecer en primeira persoa o terreo no que esta semana está previsto que se comece a obrar a nova gardería municipal de Vilaxoán.
Máis dun millar de pezas foron extraídas do Castro Alobre nos últimos dous meses
VILAGARCIA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este martes o Castro Alobre en Vilagarcía de Arousa, onde están a piques de rematar os traballos de consolidación previos a súa musealización. Unha visita que coincidiu en tempo e forma coa de outros "ilustres" veciños da vila, que acudiron ao castro para coñecelo máis de cerca.
Os veciños da rúa Os Píos denuncian que o Kebab de Cambados continúa aberto
CAMBADOS> O establecemento Kebab, situado na rúa Os Pios de Cambados, abriu durante toda a Semana Santa, eludindo a notificación de peche que lle fixo chegar o pasado día 12 o concello cambadés, en cumprimento dunha sentenza xudicial. Os veciños afectados, polos malos cheiros e os ruídos do local, continúan sen poder durmir polas noites.…
Multitudinaria procesión na Romaría das Cabezas da Armenteira
Último día das celebracións da Semana Santa e aínda festivo nalgúns concellos das Rías Baixas, como é o caso de Meis. Esta mañá nos arredores do Mosteiro da Armenteira, milleiros de fieis e visitantes quixeron unirse á celebración da súa tradicional Romaría das Cabezas. Unha festividade na que a relixión e a troula comparten cartel.…
Sanxenxo roza o 90% da súa oferta de ocupación na Semana Santa
SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta.
O Museo da Conserva da Illa estrea caldeira de biomasa
ILLA> O Museo da Conserva na Illa conta cunha nova caldeira de biomasa. Unha instalación que contamina menos e permite un maior aforro no consumo. O alcalde da vila, Carlos Iglesias recibiu o delegado da Xunta en Pontevedra para amosarlle esta nova equipamento que foi financiada entre a administración local e a autonómica.
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook