• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8155)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

Vilagarcía volverá vetar os centros comerciais cando se aprobe o novo PXOM
VILAGARCÍA> O Alcampo que se está a construír na antiga finca de Megasa en Vilagarcía, pode nestes momentos modificar o seu proxecto e volver incluír tenda na súa área comercial. Aínda que non pode facer nada ata que non se aprobe o novo PXOM, o alcalde asegurounos hoxe que a cidade continúa coa súa política…
O VIII Obradoiro de Hostalería de O Salnés pecha a súa primeira edición en Sanxenxo
O VIII Obradoiro de Emprego de Hostalería de O Salnés votou este martes o peche. Os alumnos desta actividade organizada pola Mancomunidade de O Salnés recibiron un diploma acreditativo da formación adquirida nun acto ao que asistiu o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, e que foi presidido polo alcalde de Sanxenxo e tamén responsable da…
O concello de Vilagarcía contará con 5 autobuses diarios ó Hospital do Salnés
O servizo “Vaibus” de Vilagarcía amplíase ó Hospital Comarcal do Salnés a partir de maio. Os cidadáns contarán con cinco viaxes de ida e outros tantos de volta, de luns a venres, en horario de mañá. É unha demanda histórica da veciñanza de Vilagarcía, un servizo de autobuses desde o centro da cidade ata o…
Arranca a Campaña da Primavera en Cambados
CAMBADOS> Os comerciantes de Cambados Zona Centro presentaron esta venres unha nova campaña coa que activar as compras no comercio local. Unha acción que nesta ocasión se identificará coa época do ano que estamos a piques de comezar, e que será un pouco máis longa que de costume.
Aragunde esixe explicacións por unha edificación relacionada coa alcaldesa
CAMBADOS> Unha noticia sobre a suposta edificación irregular dunha casa que ten que ver co entorno familiar da alcaldesa de Cambados, parece ser o motivo polo cal o Partido Popular da vila podería reclamar unha comisión de investigación a fin de esclarecer esta situación. Pola súa banda, Fátima Abal, afirma que facilitará toda a documentación…
Vilanova busca o Mosteiro de Cálogo
VILANOVA> Vilanova quere recuperar unha parte da súa historia e da da comarca. A vila aposta por escavar na zona do campanario da torre de Cálogo para ubicar o mítico mosteiro que foi destruído polos vikingos no século IX. Un acordo cos propietarios das leiras do entorno, permitirá comezar os traballos. Agora o goberno local…
O PP denuncia atrancos do goberno para acceder a documentación
SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo volve denunciar falta de transparencia no goberno tripartito. Dende a formación aseguran que o executivo non proporciona aos concelleiros da oposición a documentación que solicitan. O PP de Sanxenxo volve criticar a falta de transparencia do goberno tripartito. Segundo os populares, o executivo continúa a pór trabas ao seu…
Novos espazos dinamizaran a actividade comercial da  Praza de Abastos de O Grove
O GROVE> A directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou esta mañá a Praza de Abastos de O Grove, que está en fase de acondicionamento para ofrecer espazos a baixo custe a aqueles que queiran emprender o seu negocio, e deste xeito contribuír a dinamizar o mercado da vila.
O goberno de Sanxenxo comeza a negociación do convenio colectivo do persoal laoral de Terra e do Concello
SANXENXO> O goberno de Sanxenxo convocou aos representantes sindicais para constituír a Mesa de Negociación dos traballadores do Concello. Unha reunión que se prolongou máis do previsto, e que rematou con visións diferentes da mesma por parte dos traballadores e do equipo de goberno da vila.
Unha emprendedora vilagarciá pon en marcha un asesoría 'low cost'
VILAGARCÍA> Hai un mes que Alicia Güimil decidiu dar un paso adiante e poñer en marcha unha idea que levaba tempo rondando a súa cabeza: un servizo de asesoría low cost. Agora traballa dende o espazo de coworking Dalle que Dalle, en Vilagarcía. Alicia Sofía Güimil ten 36 anos, é licenciada en dereito pola Universidade…
O Sergas rexeita a Comandancia da Mariña para un novo centro de saúde
VILAGARCÍA> Varapau do Servizo Galego de Saúde ao concello de Vilagarcía. Finalmente, o Sergas desbota o edificio e a parcela da Comandancia da Mariña para acoller o novo centro de saúde que reclama Ravella. Para o servizo autonómico, o sobrecusto de derrubar o edificio provoca que a opción non sexa a idónea. Dende o concello…
A confraría de Carril envía á Consellería do Mar as trece dimisións
VILAGARCÍA> O patrón maior de Carril anunciaba que hoxe enviarían á Consellería do Mar as trece dimisións dos membros da Xunta Xeral do pósito. O goberno autonómico terá un prazo de quince días para nomear unha xestora que prepare as eleccións. Na súa comparecencia, José Luis Villanueva advertía da parálise na que quedará a confraría,…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook