• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8266)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

GALICIA > O Parlamento de Galicia demanda unha reforma normativa para aumentar a seguridade nos festexos marítimos. A Comisión Institucional aprobou este luns por unanimidade unha proposición non de lei do PP, na que tamén se insta á Xunta a colaborar nas iniciativas de axuda ó armador do buque Saleta, condenado como responsable dun accidente…
VILAGARCÍA > Dous sucesos conmocionaron a dous concellos do Salnés. Un tivo lugar en Vilanova onde varios menores destrozaron mobiliario urbán e o outro en Vilagarcía onde unha muller feriu cun coitelo a súa ex-sogra e a outra muller no barrio da Lomba.
VILAGARCÍA> Os veciños da praza Xoán XXIII de Vilagarcía non chegaron a ningún acordo coa empresa constructora do aparcadoiro. A xuntanza composta polos voceiros da corporación municipal ,  os presidentes das comunidades afectadas e a dirección da empresa,  tiña como  obxectivo arranxar os danos que sofren as vivendas dende a construcción do parking Xoán XXIII.
SANXENXO > Sanxenxo e Galicia volcáronse coa regata costeira que deu comezo o sábado á Volvo Ocean Race 2005-06. O Ericsson, de Neil McDonald, sentenciou a regata de principio a fin, deixando claro o seu liderato nesta proba.
Esta semana repasaremos o accidente do Prestige, no 3º aniversario da afundimento, as repercusións económicas e a división social producida pola catástrofe. ¿Estamos preparados hoxe para loitar contra un accidente destas características?Ademais falaremos cos nosos convidados doutros temas como a Volvo Ocean Race que botou a andar dende Galicia por primeira vez na historia desta…
O Instituto de Educación Secundaria de Vilalonga celebrou hoxe o seu vixésimo quinto aniversario. Durante a xornada, que contou con varias autoridades, descubriuse unha placa conmemorativa  e houbo actuacións: a do humorista Fredi Crujer e mailo grupo Ardentía.
O Concello de Vilanova recibe mañá ós participantes no Encontro Acamfe 2005. Serán sesenta representantes de trinta e cinco casas museo que participarán o xoves en diversas ponencias e actividades deste congreso. Coincidindo con esta cita, o concelleiro de Cultura, José Juan Durán, presentou hoxe trece novos libros de Valle-Inclán, adquiridos para o Cuadrante.
Un total de quince mozos de entre doce e dezaoito anos poderán participar este ano no curso de formación ambiental de Patrullas Verdes. O Concello de Caldas presentou esta mañá a programación da que é xa a quinta edición desta iniciativa, que se desenvolverá os sábados ata o 27 de maio do vindeiro ano.
Os escolares de Vilagarcía xa poden presentar os seus traballos ó certamen Contos Solidarios, promovido pola Concellería de Xuventude e Unicef. A iniciativa enmárcase no programa de actividades organizado con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno, que se celebra o 20 do mes que vén.
O Colexio Xulia Becerra Malvar e o Concello de Ribadumia inician o vindero día 2 de novembro a acollida anticipada de nenos. Trátase de dar servizo ás familias que necesitar deixar os fillos no colexio antes da súa hora de apertura. Para elo habilitouse o antigo comedor e contratouse unha coidadora que os atenderá xa…
UU.AA. ven de pedir calma ante o continuo bombardeo de novas sobre a gripe aviaria. O responsable do sector avícola do sindicato asegurou hoxe que non hai motivo de preocupación xa que é imposible que no noso país unha ave enferma chegue ó mercado. UU.AA. asegura que os controis nas granxas do Salnés son totais…
Os representantes dos centros comerciais urbanos do Salnés e o xerente da Fundación Comarcal coñeceron onte como avanza o plan de 'Normalización do comercio do Salnés'. A empresa adxudicataria do proxecto presentoulles os resultados das enquisas feitas na comarca e que deixan de manifesto a visión que teñen os veciños e os turistas do comercio…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook