• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8428)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

CAMBADOS > O auditorio da Xuventude de Cambados foi o escenario da clausura do quinto obradoiro de emprego do concello de Cambados. Máis de sesenta alumnos pasaron pola Escola Obradoiro para formarse integramente nos módulos de carpintería, construcción, fontanería e xardinería co fin de conseguir a plena inserción laboral dos desempregados máis desfavorecidos.
CAMBADOS > O BNG de Cambados reuniuse cos mariñeiros do cerco do municipio para tratar os problemas que está a padecer o sector. O deputado do BNG, Bieito Lobeira, estivo nesta reunión na que se falou das axudas comprometidas na captura da anchoa e sobre a cota pesqueira acadada nos últimos acordos de Bruxelas.
CAMBADOS > O Concello de Cambados e os empresarios do Salnés asinaron este venres un convenio de colaboración para impulsar a inserción laboral dos alumnos do Obradoiro de Emprego A Xuventude. Nesta quinta promoción participaron uns 68 alumnos de entre 18 e 25 anos de idade. O vindeiro luns darán por rematado este ano e…
CALDAS DE REIS > Esta mañá o delegado provincial de medio ambiente, Juan Francisco Froján visitou as obras da depuradora de augas residuais do concello  de Caldas de Reis. O proxecto, moi demandado en toda a Comarca, mellorará a calidade das augas do río Umia permitindo un saneamento total o seu paso por este concello.
VILAGARCÍA > Vilagarcía conta este Nadal cunha zona lúdica para os máis pequenos. A asociación de comerciantes Zona Aberta e o concello habilitarón a praza da peixería para que os pais poidan deixar os rapaces mentras fan as súas compras. Alí, monitores especializados desenvolveran diversas actividades para pasar unha tarde moi divertida.
ESPECIAL NADAL > O 20.085 foi o número agraciado co Gordo do Sorteo de Nadal con tres millóns de euros, trescentos mil euros cada décimo. O número vendeuse íntegramente na localidade barcelonesa de Vic. En Galicia só quedou parte dun quinto premio, do 25.944, que se vendeu en Serra de Outes.
GALICIA > Alberto Núñez Feijóo será quen presida o PPdeG tralo congreso rexional de xaneiro. Finalmente só concorrerá unha soa candidatura trala alianza asinada con Xosé Manuel Barreiro. Os ex vicepresidentes da Xunta unen as súas forzas coa intención de garantir a cohesión do partido.
PONTECESURES > A consellería de Medio Rural estudiará a viabilidade da realización dun acceso ó lugar da Toxa, no Concello de Pontecesures. O delegado provincial deste departamento autonómico, Gonzalo Constenla, visitou esta mañá o municipio, onde se reuniu cos portavoces dos grupos municipais, agás o PP que escusou a súa ausencia.
ILLA DE AROUSA > Os máis cativos da Illa de Arousa despedíanse da gardería por este ano cun gran festival. Anxos en miniatura, paxes e reis dedicaban os pais, familiares e amigos unha panxoliña moi propia destas datas. Os rapaces estaban máis formais que nunca xa que están xa moi preto  de nos os máxicos …
VILAGARCÍA >O Azheimer é unha demencia dexenerativa irreversible de causa orgánica  descoñecida  cada vez máis común nos nosos anciáns. Deste xeito as familias enfróntanse a unha enfermidade que se divide en fases que precisan diferentes coidados. Para coñecer a asistencia que necesitan estes enfermos a Concellería da Muller de Vilagarcía organiza un curso formativo sobre…
GALICIA > A central sindical CIG demanda da Consellería de Pesca o control das importacións de peixe e marisco. A CIG advirte que invaden os mercados sen ningún tipo de control e sen garantías sanitarias. Unha situación que consideran inadmisible tendo en conta os problemas que atravesa o marisqueo en Galicia por mor da marea…
VILANOVA > Os empresarios do polígono de Tremoedo, en Vilanova, estudan a unión con outras áreas industriais da comarca para deseñar un plan de vixilancia conxunto. A maior parte das naves alí instaladas xa sufriron varios roubos, e o último episodio xa o viviron na madrugada do domingo para o luns. De momento só denunciaron…
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook