• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8155)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

As obras en O Couto rematarán a semana que ven
CAMBADOS> A demanda dos veciños de O Couto en Cambados xa é unha realidade. Este venres o edil cambadés Xosé Ramón Abal visitaba a obra que se está a levar nesta parroquia e comprobaba in situ como avanzan os traballos.
Chega a Festa do Momo 2017
VILANOVA> Unha das celebracións do entroido máis multitudinarias de O Salnés está a volta da esquina. O Momo de Vilanova volverá un ano máis para divertir as máis de 20.000 persoas que se esperan na vila o vindeiro 5 de marzo as 17:00h da tarde. Pero mentres, esta mañá un pequeniño adianto do que suporá…
Complicase o saneamento do Polígono de Nantes
SANXNEXO> Augas de Galicia non autoriza a conexión do polígono industrial de Nantes a EDAR de Dena. Gonzalo Pita, alcalde de Sanxenxo, afirmou esta mañá en rolda de prensa que continuarán traballando para dar solución a estes contratempos que xorden na posta en marcha deste polígono, xa que segundo el mesmo afirmou, é unha das…
O PP de Sanxenxo considera que o tripartito non merece os soldos que gañan
SANXENXO> O PP de Sanxenxo acusa ao goberno actual da vila de incumprir o pacto de goberno no que se establecía, que os membros do cuatripartito reducirían os seus salarios entre un 20 e un 30%. Despois da saída do goberno de Roberto Carlos Agís, os populares afirman que o tripartito continúa sen cumprir a…
Vilagarcía presenta o borrador dos orzamentos para o 2017
VILAGARCÍA> Xa coñecemos polo miúdo os orzamentos que o goberno de Vilagarcía levará ao pleno da vindeira semana. No borrador, o executivo de Alberto Varela distribúe 27 millóns de euros de xeito realista e equilibrado, segundo o propio rexedor. O documento integra, ademais, varias propostas do BNG, pero Varela confía en conseguir o apoio das…
Un grupo de cosacos rusos visita Vilanova
VILANOVA> A Asociación de cosacos de Volga, atópase en Galicia para realizar unha etapa do Camiño de Santiago, a través da variante Espiritual. Un traxecto que hoxe os levou a Vilanova de Arousa. Alí foron recibidos polo alcalde da vila e membros do corporación municipal, así como tamén, pola xerencia da mancomunidade de O Salnés.
As xornadas da Camelia aterran no Pazo de Rubiáns os días 2 e 3 de marzo
Pontevedra> Os días 2 e 3 de marzo o Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, acollerá as xornadas internacionais da Camelia. Baixo o lema, A camelia e o paisaxismo en Galicia, expertos nesta materia falarán sobre a investigación, difusión e influencia da flor máis importante da nosa comunidade.
Os pais do colexio de Carril pelexarán polo autobús de retorno
VILAGARCÍA> Os pais do colexio de Carril seguen á espera dunha reunión coa Delegación Territorial de Educación da Xunta. Hoxe volveron reclamar a posta en marcha dunha liña de autobús ás 2 e cuarto, que permita aos fillos de preto de 30 familias comer nas súas casas. Cunha concentración ás portas do centro de Carril,…
Tragove ensaia contra a contaminación
CAMBADOS> O porto de Tragove púxose esta mañá a proba ante a chegada dunha ficticia mancha de hidrocarburo. A Consellería do Mar, Salvamento Marítimo e a confraría de Cambados ensaiaron todo o dispositivo que habería que pór en marcha para minimizar o impacto do episodio contaminante. Simulacro no porto de Tragove. Todas as alarmas, ficticias,…
O Enobús arrincará en xullo visitando nove adegas
CAMBADOS> O Enobús xa está listo para funcionar en Cambados. A iniciativa é unha das propostas do programa da Cidade Europea do Viño, e levará os visitantes ata as nove adegas participantes. Segundo o calendario establecido, comezará a circular no mes de xullo, e o billete terá un custo de dez euros. O Enobús é…
Os pais do colexio de Carril volven reclamar o autobús
VILAGARCÍA> No colexio de Carril volven as mobilizacións. Os pais retoman a vella reclamación a Educación: a posta en marcha dun transporte escolar que leve os nenos ás súas casas ao rematar as clases. Actualmente, o único autobús que existe sae ás 3 e cuarto do centro, o que obriga aos nenos a quedar a…
A Fundación Manolo Paz difundirase en ARCO
CAMBADOS> A Fundación Manolo Paz aposta pola proxección internacional. O artista cambadés levará hasta a Feira Internacional ARCO, en Madrid, o seu arte. O singular espazo cambadés estará presente nesta feira a través de numeroso material divulgativo, editado pola Deputación de Pontevedra.
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook