• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 166

SUCESOS (71)

Morre unha muller tras colidir contra a rotonda de San Simón
CALDAS> Unha falecida nun accidente rexistrado esta tarde en Caldas de Reis. A muller conducía unha furgoneta de reparto cando, por causas que se descoñecen, perdía o control do vehículo ao incorporarse á Nacional 540. Tras colidir contra a rotonda de San Simón, desprazouse uns metros polo chan. Tanto a condutora como o acompañante quedaron…
Volven a casa os veciños desaloxados por un incendio
PONTEVEDRA> Volven a casa os veciños que onte foron desaloxados tras un incendio nunha garaxe da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. A presenza de gases tóxicos obrigounos a pasar a noite fora das súas vivendas. Hoxe, tralas medicións dos bombeiros, puideron regresar aos seus fogares. Esta mañá xa puideron volver ás súas casas os…
A piques de provocar un accidente
As fortes rachas de vento provocaron esta tarde a caída de dun eucalipto sobre a Autovía que une Cambados e Vilagarcía.
Un falecido tras saírse o seu vehículo da vía en A Armenteira
MEIS> Un falecido nun accidente na estrada da Armenteira, en Meis. O vehículo foi localizado esta mañá nun terraplén cun veciño da zona de 36 anos morto no interior. Os servizos de emerxencias non puideron determinar a que hora se produciu o sinistro.
CAMBADOS> Policía Local e Protección Civil de Cambados rescataron este mediodía unha anciá da súa vivenda. A muller levaba dous días tirada no chan dunha das habitacións e foi a súa filla a que deu a voz de alarma.
PONTEVEDRA> Tráfico de drogas e pertenza a banda criminal. Estes son os dous delitos dos que a Garda Civil acusa aos dez detidos onte no poboado chabolista do Vao. Ata o de agora só catro pasaron a disposición xudicial en Pontevedra. Tras prestar declaración, tres quedaron en liberdade con comparecencias semanais. Para o cuarto, o…
MEIS> Sete encapuchados asaltaron esta fin de semana unha empresa en Vilanoviña, no concello de Meis. Os asaltantes entraron na parcela de Iluminaciones Umia na madrugada do domingo, e levaron material por valor duns 200 mil euros.
O GROVE> Madrugada tráxica nas augas da Illa da Toxa. Un home faleceu e dous tiveron que ser rescatados despois de que foran sorprendidos pola suba da marea. As primeiras hipóteses apuntan a que poderían estar mariscando ilegalmente. No rescate participaron efectivos da Garda Civil, de Protección Civil e incluso o helicóptero Pesca 1 do…
A ILLA> Catro mozos da Illa de Arousa, detidos como supostos autores dun delito de roubo con violencia a un taxista da vila.
RIBADUMIA> Ferida de gravidade unha muller de 37 anos nun accidente en Ribadumia.
CAMBADOS> Un veciño de Cambados, detido por un suposto delito de cultivo de cannabis.
Araújo fillo elude o cárcere por trapicheo
PONTEVEDRA> Julio Araújo, o fillo da parella sentimental de Sonia Iglesias, a pontevedresa desparecida en agosto do 2010, vén de aceptar tres anos de prisión por un delito contra a saúde pública, despois de que hai un ano fora sorprendido nun coche portando unha bolsa con case 190 gramos de cocaína. Os feitos remóntanse a…
Páxina 1 de 3
HomeSUCESOS Top of Page

Síguenos en facebook