• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Atopan un cadaver nunha praia da Illa de Arousa Destacado

Xan 05 Escrito por 
Un veciño da Illa de Arousa atopou un cadaver en avanzado estado de descomposición namentres paseaba polo entorno da praia de Revello, na zona Oeste do parque de Carreirón na Illa. Segundo veciños da Arousa nas praias dese entorno adoitan atopartse diferentes enseres arrastrados polas correntes que proveñen do sur e incluso animais mortos. Neste caso os restos do cadaver apareceron en avanzado estado de descomposición.
Ata o lugar desprazouse unha dotación da policía científica da Garda Civil e tamén o xuiz de garda de Vilagarcía quen procedeu o levantamento do "cadaver". Hai unhas semanas tamén aparecía un cadaver nunha praia de A Pobra do Caramiñal.
Etiquetado como A Illa    Sucesos Accidentes   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Sábado, 11 Xaneiro 2014 12:47

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O renovado centro de saúde da Illa será unha realidade en 2018
    A ILLA> Vázquez Almuíña estivo este luns na Illa de Arousa, onde coñeceu de primeira man o Plan de Reforma do Centro de Saúde. Tal e como sinalou o conselleiro de Sanidade, estas obras serán posibles polo acordo acadado en Sanidade e o concello da Illa de Arousa para favorecer a accesibilidade e funcionalidade do mesmo.
  • Portos de Galicia inviste no Xufre uns 21.000 euros
    A ILLA> Portos de Galicia mellora as condicións de traballo no porto do Xufre na Illa de Arousa. O ente autonómico investiu nestas accións uns 21.000 euros, que tal e como lles diciamos, axudaran a mellorar as condicións dos traballadores que fan uso do porto.
  • Investigan por homicidio imprudente ao condutor que atropelou a dous ciclistas en Poio
    POIO> O condutor octoxenario que o pasado domingo atropelaba a dous ciclistas en Poio, causando a morte dun deles, será investigado como suposto autor dun delito de homicidio imprudente. Como primeira medida, ten retirado o seu permiso de conducir. O importante tránsito de vehículos que rexistra esta estrada, e segundo coinciden políticos, deportistas e viandantes, a falta de medidas de seguridade, propician que esta vía se atope no centro da polémica cando sucede un feito como o de este domingo na parroquia de Samieira, cando un vehículo arrolou a dous ciclista causando a morte dun deles. O condutor de 82 anos está sendo investigado como autor dun presunto delito de homicidio imprudente, polo momento e de maneira preventiva, ten retirado o permiso de conducir. A Garda Civil ademais propuxo unha revisión extraordinaria para a realización dun exame psicotécnico. Uns controis cos que se pretende valorar si o condutor pode continuar conducindo vehículos despois de verse implicados nun accidente. Segundo datos facilitados pola Garda Civil, na provincia propuxéronse recoñecementos deste tipo a 10 condutores no 2014, 18 en 2015 e a 29 no primeiro semestre de 2016.
  • A lonxa de A Illa terá unha zona de estabulación
    A ILLA> As obras de ampliación da lonxa de A Illa de Arousa están practicamente rematadas. Esta mañá, as instalacións recibiron a visita da Conselleira do Mar, que comprobou sobre o terreo que os traballos xa están finalizados. O patrón insular, pola súa banda, aproveitou o encontro para solicitar á Xunta que dote o novo espazo de equipamentos para gardar o marisco capturado, cando non sexa vendido na propia xornada. A Consellería do Mar dá por finalizados os traballos de ampliación da lonxa de A Illa de Arousa. A petición da confraría, o novo espazo de máis de 100 metros cadrados acollerá varios depósitos para almacenar o marisco que non sexa vendido na propia xornada. O espazo está finalizado pero aínda haberá que dotalo de equipamento. O patrón aproveitou a visita da Conselleira para trasladarlle a súa solicitude. Quintana recolleu a demanda de Rial, e comprometeuse a mercar estes equipamentos cando a Consellería dispoña do novo orzamento. Un momento para o que non hai unha data segura. A ampliación da lonxa contou cun orzamento de 370 mil euros. Ademais da ampliación da zona de poxa, os traballos construíron un vestiario, unha sala de lavado de neoprenos e un almacén, que ocupan unha superficie de máis de 70 metros cadrados.
  • Vázquez anuncia a ampliación do centro de saúde de A Illa
    Pontevedra> O conselleiro de Sanidade en funcións anunciou esta mañá que dende a Xunta de Galicia executarán as obras de ampliación e remodelación do actual centro de saúde da Illa de Arousa. Unhas obras que farán deste inmoble un lugar accesible e cómodo para os máis de 4800 pacientes da zona. Jesús Vázquez estima que estes traballos comecen o vindeiro ano. 
  • Ferido leve un conductor nun aparatoso accidente en Palmeira
    RIBEIRA> Ferido o condutor dun turismo que colidiu con dous vehículos estacionados na zona da Carballa, en Palmeira.
HomeSUCESOSAtopan un cadaver nunha praia da Illa de Arousa Top of Page

Síguenos en facebook