• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 166

Un barco do Grove atopa o cadáver dun home flotando na zona de Rons

Abr 10 Escrito por 
Aparece no mar o cadáver dun home preto do Faro das Pedras, no Grove. Atoupouno a embarcación Novo Monte, un pequeno bote que traballa na captura do polbo, arredor das dúas da tarde.
Ó parecer a tripulación atopábase faenando na zona de Rons cando avistou o corpo flotando nunha zona próxima a unhas bateas. Os tres mariñeiros que viaxaban a bordo deron aviso ós servizos de emerxencias e ata o lugar desprazouse unha lancha da Garda Civil coa que trasladaron o cadáver ata o porto do Corgo. Segundo un grupo de visitantes que se achegou á zona, trataríase dun turista, varón de 73 anos de idade e veciño de León. O por que chegou ó mar aínda se descoñece. A Garda Civil investiga o caso.
Etiquetado como grove    sucesos   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Venres, 10 Abril 2015 17:42

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Tres detidos por un roubo nunha vivenda en Tarrío
    PORTO DO SON> A Garda Civil procedeu á detención de dous veciños de Porto do Son e outro de Ribeira como presuntos autores dun delito de roubo con forza. Os feitos tiveron lugar hai varios días nunha vivenda particular do lugar de Tarrío, na parroquia sonense de Queiruga. Ó parecer os tres prendidos accederon ó interior da casa despois de romper o vidro dunha das fiestras levándose un botín con diversos obxectos valorados en máis de dez mil euros. As investigación realizadas nos días posteriores polos axentes do Instituto Armado permitiron a detención o pasado venres de J.C.G.C. e recuperar parte das xoias substraídas no roubo. Esta mañá pasaban a disposición xudicial os outros dous detidos: B.M.S e F.M.A, que xa puxeran á venda parte dos obxectos roubados en varios negocios de compravenda da zona, entre eles unha caixa de moedas de prata.O Xulgado de Instrucción Número 2 de Noia e quen instrúe as dilixencias.
  • Volve reactivarse o lume nunha carpintería no polígono de Xarás
    RIBEIRA> O incendio, que se iniciaba na tarde de onte, volveu reactivarse a primeira hora desta mañá. O incendio rexistrábase na tarde de onte nun silo de serrín nesta carpintería situada no polígono industrial de Xarás. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira, así como tamén do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal que estiveron traballando na extinción do incendio ata pasadas as once da noite. Aínda así, a primeiras horas desta mañá o lume reactivouse na mesma zona, polo que foi necesaria unha nova intervención dos equipos de emerxencia. No incendio non houbo que lamentar danos persoais, xa que á hora na que se orixinou o lume xa non había actividade no interior da nave. Polo de agora descoñécese tamén a súa posible orixe.
  • Rouban 700 euros das sés dos sindicatos en Pontevedra
    PONTEVEDRA> Rouban nas oficinas sindicais de Pontevedra durante a madrugada deste martes. Os ladróns percorreron o edificio onde se atopan as sés de Comisións Obreiras, UXT e CIG, conseguindo un botín total de preto de 700 euros. A Policía xa iniciou unha investigación para dar cos autores. Varios estragos e un botín de preto de 700 euros. Este é o balance que deixou o roubo que esta madrugada sufriron as oficinas sindicais de Pontevedra, na rúa Pasantería. Os ladróns conseguiron entrar nas oficinas da CIG por unha das fiestras da secretaría comarcal. Despois, forzaron a porta exterior de acceso ao salón de actos do edificio adxacente, onde están as sés de UXT e Comisións Obreiras. Só buscaban cartos en efectivo, e non levaron nin ordenadores portátiles nin tablets. Hoxe, o secretario comarcal da CIG reclamaba melloras no edificio ao Ministerio de Traballo, titular do inmoble. A policía científica localizou pegadas dactilares na fiestra da CIG, e xa iniciaron as investigación para dar cos autores.
  • Dous falecidos nun accidente de tráfico en Rianxo
    RIANXO> O sinistro producíase pouco antes das dúas da tarde. Por causas polo de agora descoñecidas, un vehículo, un BMW Serie 3, invadiu o carril contrario e colidiu frontalmente contra un camión. A consecuencia do golpe, o turismo quedou envolto en chamas, e os dous ocupantes que viaxaban no seu interior, unha parella de ó redor duns 40 anos, quedaron atrapadas no seu interior sen que ninguén puidera facer nada por socorrelos. A identificación dos corpos foi complexa, debido a que tanto o vehículo coma as dúas vítimas quedaron calcinadas. Ata o lugar do suceso achegáronse numerosos equipos de emerxencia, Policía Local e Protección Civil de Rianxo, bombeiros do parque comarcal de Boiro e tamén varias patrullas da Garda Civil de Tráfico. Tamén se achegaron diversas autoridades locais, entre elas o alcalde, Adolfo Muíños, quen lamentou o suceso. A consecuencia do choque, e debido ós traballos de excarceración e ó levantamento dos corpos, e posteriormente á retirada dos vehículos implicados e a limpeza da calzada, a estrada permaneceu cortada ó tráfico durante máis de catro horas, desviado a circulación a través da propia autovía do Barbanza. O accidente desta tarde é uns dos máis graves dos rexistrados na comarca nos últimos anos, ó saldarse con dúas vítimas mortais. A parella falecida deixa un fillo de tres anos.
  • Deteñen a un mariñeiro polaco por causar destrozos na residencia de Ribeira
    RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico.
  • Vox Ánima denuncia a agresión a un voluntario do colectivo animalista
    RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
HomeSUCESOSUn barco do Grove atopa o cadáver dun home flotando na zona de Rons Top of Page

Síguenos en facebook