• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Accidente mortal na autovía do Barbanza á altura de Rianxo

Xul 22 Escrito por 
RIANXO> O accidente producíase a primeira hora desta mañá e saldouse coa morte dun mozo de vinte e oito anos da parroquia ribeirense de Palmeira.
O suceso producíase ó redor das nove e media desta mañá na autovía do Barbanza, concretamente á altura da Rianxo. O vehículo, un Skoda Fabia de cor gris, con placas de matrícula 3658-FKH, que circulaba en dirección Ribeira, por causas que se descoñecen polo de agora, colidiu frontalateralmente contra a mediana deste vial quedando no medio da calzada. No automóbil viaxaban dúas persoas que a consecuencia do impacto quedaron atrapadas e tiveron que ser excarceradas. O condutor, Víctor Manuel Redondo Fernández, de 28 anos, natural de Palmeira, falecía poucos minutos despois do accidente sen que os servizos de emerxencia que se trasladaron rapidamente ata o lugar puideran facer nada por reanimalo. O outro dos ocupantes do vehículo, ó parecer tío do falecido, con iniciais J.F.S, de 74 anos, foi trasladado en helicóptero ata o Clínico de Santiago en estado crítico onde permanece con pronóstico reservado. Ademais dos bombeiros do parque comarcal de Boiro, ata o lugar do sinistro achegáronse numeroso efectivos de emerxencia, entre eles Policía Local e Protección Civil de Rianxo, unha ambulancia do 061 e o helicóptero do 112, así como tamén Garda Civil de Tráfico. A consecuencia do accidente a autovía en dirección Ribeira sufriu pequenas retencións e estivo regulada ó tráfico, desviándose tamén a circulación durante algún tempo pola estrada AC-550 ata Taragoña. Dase a circunstancia de que esta é a segunda morte que se produce neste vial dende a súa inauguración no ano 2008.
Etiquetado como Barbanza    Rianxo    sucesos    Accidente    morte    Autovía Barbanza   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Mércores, 22 Xullo 2015 16:26

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Falece un motociclista nun accidente de tráfico en Bamio
    Un veciño de Cornazo de 30 anos, faleceu onte á noite tras resultar cohcar a súa motocicleta cun turismo á altura dos semáforos de Bamio , en Vilagarcía. O sinitros aconteceu pouco antes de medianoite, cando o motorista, Daniel Angustias, un mozo de 30 anos veciño da parroquia vilagarciá de Cornazo, colidía cun vehículo que realizaba unha manobra indebida neste cruce do Campanario, en Bamio. Os servizos de emerxencias de Vilagarcía asistiron ó lugar, pero o rapaz estaba gravemente ferido, e tras tentar reanimalo, finalmente faleceu no Hospital do Salnés. Ata a zona tamén se desprazaron efectivos dos Bombeiros do Salnés, Policía Local de Vilagarcía e unha ambulancia do 061. O outro mozo, o que conducía o vehículo, tiña 25 e era tamén veciño de Vilagarcía. Foi detido, como presunto autor dun delito de homicidio imprudente, e ó parecer, deu positivo en drogas, e carecía do permiso de conducir por perda de tódolos puntos. O lugar encheuse onte á noite de veciños desta zona que saíron asustados das súas casas. Esta mañá, aínda estaban conmocionados. Aínda así, os veciños deste cruce de Campanario, en Bamio, afirman que non lles sorprende que acontezan accidentes deste tipo, nesta zona de PO 549. Unha estrada na que os vehículos acadan unha gran velocidade . O falecido estaba casado e tiña unha filla pequena. O seu corpo será velado mañá pola tarde no Tanatorio de Arosa, e a continuación, celebraráse o funeral na Igrexa de San Pedro de Cornazo.
  • O ciclo 'Chanzas na Rúa' levará a Ribeira a catro dos mellores monologuistas galegos
    RIBEIRA> Este venres arranca en Ribeira o novo ciclo de monólogos Chanzas na Rúa. Catro humoristas levarán ó seu espectáculo a diferentes prazas da vila ó longo de todo o mes.
  • O condutor dunha motocicleta resulta ferido en Frións
    RIBEIRA> No accidente, que tiña lugar na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, víronse implicados un turismo e unha motocileta. O suceso producíase ó redor das once e media desta mañá, na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, no lugar de Frións, a escasos metros do Instituto Leliadoura. No accidente víronse implicados unha motocicleta de gran cilindrada e un turismo. Por causas polo de agora descoñecidas, que están a ser investigadas polo grupo de Atestados da Garda Civil de Tráfico, a moto colidiu lateralmente contra o vehículo. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos da Policía Local e do Grupo Municipal de Emerxencias, así como unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ó condutor da motocicleta ata o hospital, aparantemente en bo estado. A condutora do outro vehículo resultou ilesa. Durante varias horas, mentres se procedeu á realización dos traballos de retirada dos vehículos implicados no choque e tamén a limpeza da vía, a estrada estivo regulada polos axentes da Garda Civil de Tráfico.
  • O BNG interesarase no Parlamento polas deficiencias do peirao de Corrubedo
    RIBEIRA> Os nacionalistas reclamarán diversas actuacións no porto como é o caso da construción de chabolas para os mariñeiros. O BNG de Ribeira trasladoulle ó seu grupo parlamentario as queixas dos mariñeiros de Corrubedo en relación ás deficiencias que presenta actualmente o porto da localidade, esixíndolle á Xunta de Galicia que dé expliacións sobre o seu estado de abandono e que se habiliten partidas orzamentarias para o seu arranxo e mellora. Entre outras actuacións reclaman a construción de chabolas para poderen traballar baixo cuberto e non baixo as inclemencias do tempo. Ademais solicitarán tamén a reparación das escaleiras, a sinalización viaria para evitar que os vehículos aparquen diante da rampla ou a mellora da iluminación na zona portuaria.
  • Rianxo volve saír á rúa reclamando un centro de día
    RIANXO> para a localidade. A plataforma veciñal constituída para tal fin afirmou que non cesará nas súas protestas ata conseguir un compromiso firme por parte da Xunta. Off Unhas 500 persoas participaron onte domingo en Rianxo, na Praza Castelao, nunha nova concentración para reivindicar a construcción dun centro de día na localidade. A mobilización foi convocada pola plataforma constituída para reclamar este servizo, ó seu entender vital de cara a poder atender as necesidades dos veciños do municipio. Durante a protesta, varios membros da propia plataforma trasladáronlle ós participantes algún dos avances acadados nas últimas semanas. Segundo a súa portavoz, Concha Sánchez, a Xunta, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, informoulles de que vai estudar a viabilidade do proxecto, poñéndose como prazo un ano. Están tamén pendentes dunha próxima xuntanza, que podería realizarse as próximas semanas, á que acudirán cun proxecto real. Dende a plataforma consideran que en Rianxo hai espazos que poderían acoller este servizo como é o caso do antigo ambulatorio. Anunciaron ademais que seguirán coa súa loita ata que non haxa un compromiso en firme, e de non conseguilo, non descartan tampouco levar as súas mobilizacións ata Santiago, á propia sede da Xunta en San Caetano.
  • O novo libro de X.V. Domínguez bate record de vendas na Feira do Libro de Ribeira
    RIBEIRA> Con doce libros ás costas, José Vicente Domínguez segue a afrontar cada nova publicación coa mesma ilusión. A súa última novela ‘Por mucho que ahora me quieran’ vén de presentarse na Feira do Libro de Ribeira con gran éxito de vendas.
HomeSUCESOSAccidente mortal na autovía do Barbanza á altura de Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook