09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Co paso dos días, cada vez menos posibilidades de atopar a Manuela con vida

Xul 30 Escrito por 
BOIRO> A mellora das condicións climatolóxicas permitiu que o helicóptero da Garda Civil puidera traballar hoxe tamén nos labores de rastrexo.
Van alá xa tres días dende que se iniciara a busca de Manuela Lorenzo, a septuaxenaria desaparecida en Bealo, e os resultados seguen a ser negativos. Nada se sabe do seu paradoiro dende a fin de semana. Despois de tres días de intensa busca, o cansazo, a tristura e a desesperación comezan a facer mella en familiares, amigos e veciños da desaparecida que colaboran activamente coa Garda Civil e o Grupo Municipal de Emerxencias nos labores de rastrexo. Apenas queda un palmo de terreo na aldea e na parroquia que non fora revisado e o resultado segue a ser insatisfactorio. A pesar de que co paso dos días aumentan tamén as posibilidades de non atopala con vida, o dispositivo de busca continuará varios días máis.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    boimazan    bealo    manuela lorenzo    dispositivo busca    desaparecida    helicoptero   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Xoves, 30 Xullo 2015 17:53

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
HomeSUCESOSCo paso dos días, cada vez menos posibilidades de atopar a Manuela con vida Top of Page

Síguenos en facebook